CURSO 2005-06

15/06/2006 PROBAS EXTRAORDINARIAS DE ACCESO ÓS CICLOS DE GRAO MEDIO
Vaise publicar en breves días unha convocatoria extraordinaria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio prevista para o mes de setembro. A data prevista da proba é o 7 de setembro, e a inscrición terá que efectuarse do 3 ao 10 de xullo.
Recomendamos ao alumnado con materias pendentes de 4º ESO que se examine no mes de setembro e desexe realizar un ciclo formativo de grao medio, que se inscriba á proba no prazo indicado. En caso de obter o título de graduado en ESO no mes de setembro non será necesario que realice a proba.
11/06/2006 ACTIVIDADES CO CABRI
O Departamento de Matemáticas inaugura unha nova sección, con actividades realizadas co programa Cabri II. Aproveitando esta circunstancia estamos remodelando o sitio reservado a ese departamento e melloramos a sección de enlaces añadindo unha serie de direccións que teñen que ver con este programa dende as que se poden realizar tamén moitas actividades deste tipo.
08/06/2006 AXUDAS PARA CURSOS NO ESTRANXEIRO
A Consellería de Educación ven de convocar axudas dirixidas a alumnado da ESO e do BAC para mellorar a competencia no uso de linguas estranxeiras: inglés e francés.
Estas actividades consistirán en estadías de catro semanas de duración, no mes de agosto, en Reino Unido, Irlanda ou Francia.
Os interesados poden pasar polo Departamento de Orientación para recibir máis información.
07/06/2006 ENTREGA DE PREMIOS DE VOZ NATURA 2006
VOZ NATURA 2006
O pasado sábado día 3 de xuño tivo lugar no Parque Deportivo de Acea de Ama (Culleredo) a Festa de Fin de Curso do proxecto Voz Natura, na que o noso centro levou o premio provincial polo traballo " Viveiro: Vida e repoboación para o noso entorno". Xa temos as fotos á vosa disposición aquí.
29/05/2006 QUEBRACABEZAS 2006: XA TEMOS GAÑADORES
Este fin de semana finalizou o Quebracabezas 2006. A gañadora final foi a alumna Patricia Sande Pena, que totalizou 28 puntos. O segundo posto foi para Thalia Rodríguez López e o terceiro lugar para Alberto Seoane Estévez. Os gañadores do mes de maio foron Cristian F. Vázquez Salazar e Alberto Seoane.
Gracias a todos pola vosa participación e noraboa os gañadores.
20/05/2006 ACTO DE DESPIDA DE 2º DE BAC
Por segundo ano consecutivo celebrouse onte na Sala de Usos Múltiples do centro o acto de despedida ás alumnas e ós alumnos de 2º de BAC. Por parte dos alumnos pronunciaron o discurso de despedida Nuria e Guzmán (na foto) e representando ó centro fixoo o director. Logo dos discursos entregouse a cada alumno unha orla, un diploma, un CD conmemorativo e un pin. Posteriormente o centro invitou a pais, alumnos e profesores a un "pincho" nas dependencias do centro, e posteriormente rematou a festa cunha cea de despedida.
Podedes ver a primeira entrega de fotos, que xa queda no album, dende aquí.
17/05/2006 ENTREGA DE PREMIOS DO XVII CERTAME INTERCENTROS

Presidido polo alcalde de Narón tivo lugar onte no auditorio a entrega de premios do XVII Certame Intercentros das Letras Galegas. O auditorio estaba cheo de nenos e nenas de tódolos centros educativos de Narón, que disfrutaron coa actuación do mago Quico antes de recibir os premios.
Os alumnos premiados do noso centro foron:
- Guzmán Tenreiro, de 2º BAC: 1º premio de Narrativa Bacharelato. Guzmán tamén obtivo o 2º premio no concurso de carteis.
-Ana Fernández, Marta Bello, Martín Louzán, Antonio Couzo, Emma Silva, Rubén Fernández e Silvia de Paz, todos eles de 2º da ESO, recibiron un premio compartido na modalidade de Expresión Oral.
- Rebeca Luaces (1º BAC), Noemí Couce (CM de EEC) e Arancha López (1º BAC), recibiron un premio compartido na mesma especialidade.
Finalmente o concellerio de cultura fixo entrega do 3º premio do concurso de carteis a Román Cuadrado Cartelle (1º ESO), e o alcalde entregou o 1º premio a Miguel Cabrera Rodríguez (4º ESO).
Aquí
tendes as fotos que xa están no Album.

16/05/2006 TERRA DE TRASANCOS GAÑA O PREMIO "VOZ NATURA"
VOZ NATURA 2006

O traballo " Viveiro: Vida e repoboación para o noso entorno", presentado polo noso instituto, mereceu o primeiro premio da provincia de A Coruña no programa de educación medioambiental Voz Natura do presente curso escolar.
No traballo participaron prácticamente tódolos alumnos do centro, xa que as diferentes actividades ían dirixidas os niveis de ESO, BAC e Ciclos Formativos, dacordo cos seus contidos. Nas tarefas de planificación, coordinación e realización do traballo participaron as profesoras Tona Yáñez, Cristina López, Conchi García e o profesor Ignacio López, dos Departamentos de e Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química.
O premio será entregado na Festa de Fin de Curso que se celebrará o vindeiro sábado 3 de xuño no Parque Deportivo de Acea de Ama (Culleredo).
Dende aquí queremos dar a nosa máis cordial noraboa a todos os que dalgún xeito participaron no proxecto.
Podedes visualizar, imprimir ou baixar o traballo (en formato PDF) dende as ligazóns correspondentes

15/05/2006 FINALIZA O QUEBRACABEZAS 2006

Coa entrega número 12 finaliza o quebracabezas. Por algún motivo foron moi poucos os alumnos que responderon ó quebra nº 11, polo que damos a opción de que poidan responder ata o vindeiro venres. Ó mesmo tempo, xa poden responder todos ó quebra nº 12. O prazo para éste prorrógase ata o día 27, para que todo mundo teña tempo suficiente, pois hai un día festivo polo medio.
Na clasificación para o premio final marcha en cabeza Thalia Rodríguez, con 23 puntos, seguida de Eric Trasancos e Patricia Sande con 22, e de Pablo López, Uxía Martínez e Raquel Otero con 21 puntos.
Nesta clasificación falta por computar o quebra nº 11. Así que as respostas ós quebras 11 e 12 serán definitivas para saber quen levará o premio.
Podes ir dende aquí ó quebra que queiras responder:

11/05/2006 RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS EN 2º DE BAC

Ven de publicarse a circular pola que se establece o procedemento a seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no 2º curso de BAC. Os prazos para presentar reclamacións ante o centro por parte dos alumnos son o 24 e 25 de maio para a convocatoria ordinaria e o 7 e 8 de setembro para a extraordinaria. Podes consultar ou baixar a circular completa (formato PDF) aquí.

07/05/2006 PENÚLTIMA SEMANA DO QUEBRACABEZAS
Coas preguntas desta semana entramos na penúltima semana do concurso. Recordade que o premio para o gañador será un reproductor de mp3, pero tamén haberá CD's para os gañadores do último mes.
Para compensar un pouco os problemas dos servidores da páxina, tampouco publicamos esta semana as solucións dos quebras 9 e 10. Así, aqueles que non mandaran resposta aínda están a tempo de facelo.
Para responder ós quebras da semana 11 fai clic aquí ou no sitio de sempre.
25/04/2006 NOVEDADES NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Nos últimos días estivemos actualizando o Departamento de Orientación para que se podan realizar consultas e baixar materiais. A sección de Información está casi totalmente acabada, e na sección de Materiais incrementou considerablemente o número de arquivos que podedes baixar directamente. Tamén vos recordo que dende o Consultorio podedes facer calquer tipo de consulta. Moitos dos arquivos preparados para imprimir ou baixar están en formato PDF, polo que é preciso ter instalado o Acrobat Reader, que podedes baixar dende aquí mesmo.
03/03/2006 QUEBRACABEZAS DE MARZO
Xa hai gañadores do quebracabezas de marzo: trátase de Eric Trasancos Palmeiro e de Pablo López Méndez, que conseguiron ambos 14 puntos dos 16 posibles. En terceiro lugar finalizou Uxía Martínez Ramos, con 13 puntos. Dado o alto nivel de participación (xa mandaron respostas nalgunha ocasión 67 participantes) decidiomos premiar ós tres mellores.
Recordamos que a clasificación xeral, a falta dun mes, está moi igualada figurando en cabeza Patricia Sande e Eric Trasancos con 22 puntos, e moi cerca Uxía Martínez, Pablo López, Raquel Otero e Thalia Martínez, con 21 puntos. Toda a información aquí.

31/03/06 XII SEMANA VERDE
Na vindeira semana levaranse a cabo as actividades da Semana Verde, que este ano chega á súa edición número XII. Entre os días 3 e 7 de abril os alumnos do instituto participarán nunha serie de actividades relacionadas co cuidado do medio ambiente, poderán participar en diversos concursos e asistir a charlas.
Podes ampliar a información sobre o evento pulsando aquí.
16/02/2006
O TORNEO DE FUTBITO FEMENINO ENTRA NA FASE FINAL
TORNEO DE FÚTBOL FEMENINO
Seguen a disputarse os partidos do torneo de fútbol femenino. Cando está a punto de finalizar a primeira fase, marchan destacadas en cabeza da clasificación as Chicas Malas, que demostran que non son tan "malas" como parece polo nome. Á cabeza das goleadoras está a xogadora dese equipo Beatriz Filgueira, que leva marcados nada menos que 16 goles en 5 partidos, seguida de cerca de Alicia Fernández das The Girls, con 12 goles. ¿Coñeces ás goleadoras? Pulsa no seu nome e verás a súa foto. Toda a información aquí.
09/02/2006
XXI ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
O Seminario Galego de Educación para a Paz comunícanos que xa está aberto o prazo de inscripción para os XXI Encontros de Educación para a Paz, que este ano tratarán sobre a Conflictividade e Convivencia Escolar.
Os encontrso celébraranse os xoves e venres polas tardes na: EGAP (Escola Galega de Administración Pública), e están homologados con 1 crédito de libre configuración pola USC (Válido para todas as titulacións) . O coste da matrícula e de 20 €.
Poderás ver horarios, programa e incluso inscribirte a través da páxina da organización.
07/02/2006
VISITA Á EXPOSICIÓN "GALICIA CAMIÑO CELESTE"
Os alumnos de 3º da E.S.O. visitarán o próximo xoves día 9 a exposición fotográfica"Galicia, camiño celeste" de Xurxo Lobato, na Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol. Para máis información sobre o contido da exposición pulsa aquí.
05/02/2006 RESULTADOS DO PRIMEIRO QUEBRACABEZAS
Primeira tanda dos quebracabezas cunha participación irregular: impresionante nos pequenos do CEIP (unhas 50 respostas), escasa nos da ESO (11 participantes), e prácticamente nula nos de BAC (2 concursantes)¿Será que conforme nos facemos maiores cústanos máis razoar? Noraboa ós 4 concursantes que encabezan as clasificacións: Jorge Castaño en BAC; Rubén Amigo e Pablo Sande na ESO; e Raquel Otero Carpente, en E.P.
Pulsando nos seus nomes podes ver as respostas aportadas.
Para calquer aclaración, corrección, duda ou suxerencia usade o cuestionario que se utiliza para enviar as respostas.
20/12/2005 PONSE EN MARCHA O TORNEO DE FÚTBOL FEMENINO
TORNEO DE FÚTBOL FEMENINO
A partir de xaneiro empezará a disputarse un torneo de fútbol femenino no que van a participar 7 equipos. Toda a información sobre o torneo poderedes seguila dende aquí.
Os partidos empezarán a xogarse a partir do día 23 de xaneiro aproximadamente.
13/12/2005 O TORNEO DE FUTBITO ENTRA NA RECTA FINAL
TORNEO DE FUTBITO O torneo de fútbol entra na fase decisiva. Neste momento quedan por disputar 6 partidos para finalizar a fase previa. Noray, Los 7 fantásticos, La Fuente y Petardas marchan destacados na cabeza dos grupos. Tódolos detalles aquí.
12/12/2005 CONVOCATORIA DE BECAS UNITED WORLD COLLEGES
Dende hoxe ata o día 7 de marzo os alumnos que estén cursando 4º da ESO ou 1º de BAC e naceran nos anos 1989 ou 1990 poerán solicitar becas da Fundación Colexios do Mundo para facer un Bacharelato no estranxeiro, por un importe de 45.000 euros para dous anos. Para máis información podes visitala páxina da Fundación United World Colleges ou pasar polo Departamento de Orientación.
01/12/2005
I CONCURSO NACIONAL DE XÓVENES ESCRITORES CIENTÍFICO-TÉCNICOS
Organizado pola Asociación de Autores Científico-Técnicos y Académicos (ACTA) e patrocinado polo Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) convocouse o día 5 de setembro de 2005 o I Concurso Nacional para a Promoción de Xóvenes Escritores Científico-Técnicos, Un equipo do centro formado por Isaac Rivera, Noemí Couce, Rebeca Luaces e Sandra López, coordinados pola profesora Concepción García, clasificouse entre os 6 mellores de España. Máis información aquí.
26/11/2005 ÚLTIMOS RESULTADOS DO TORNEO DE FUTBITO
SEGUE O TORNEO DE FUTBITO
O torneo de futbito leva xa 8 partidos xogados. Dende aquí podedes consultar resultados, clasificacións e goleadores. A cousa parece que empeza a animarse...
20/11/2005 PROGRAMA ORIENTA 2006
ORIENTA 2006
A partir do luns día 21 estará instalado nos diferentes ordenadores do centro o programa Orienta 2006, para que tódolos alumnos e alumnas que o dexesen podan facer consultas. Ademáis podesdes pedilo no propio departamento de orientación ou usando este formulario.
17/11/2005 CHARLA-COLOQUIO SOBRE DOAZÓN E TRASPLANTE DE ÓRGANOS
O martes 22 de novembro terá lugar no salón de Usos Múltiples unha charla-coloquio dirixida a alumnos de BAC e Ciclos formativos en relación ó tema Doazón e trransplante de órganos e tecidos, para o que se desplazarán ata o noso centro especialistas da Oficina de Coordinación de Trasplantes do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (A Coruña). Para informarte sobre o tema tamén podes visitar a páxina oficial da Organización Nacional de Trasplantes
04/11/2005 MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL, NARÓN 2005

O día 7 de novembro da comenzo no Auditorio Municipal a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, á que acudirán alumnos do centro. Para saber máis detalles informate aquí.

03/11/2005 XORNADAS DE INTEGRACIÓN SOCIOLABORAL
Alumnos de 1º de BAC, 2º de BAC e ciclo superior de Administraicón asistiron a unha charla acerca de Economía Social acompañados do profesor Manuel Rivera, que impartiu a charla na súa calidade de presidente da Asociación de Economía Social Briante.
28/10/2005 XORNADAS DE CLAUSURA DO PROGRAMA SOLIDARIA III
Alumnos de 2º de BAC e do ciclo superior de Administración, acompañados do profesor Manuel Rivera, asistiron a unha conferencia acerca de Novos xacementos de emprego e calidade de vida, que se celebrou no centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol
19/10/2005 ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS SOCIOLABORAIS DO PROFESORADO
O pacto entre o MEC e seis sindicatos contempla a elaboración dun borrador de Estatuto para xuño de 2006, a reducción da lista de interinos e un novo complemento económico vinculado á tarefa nos centros . Máis información aquí.
12/10/2005
CURSO 2005-2006: DATOS E CIFRAS
Publicación anual elaborada pola Oficina de Estadística do M.E.C.(en colaboración coas CCAA) que permite consultar datos estimados ó comenzo do curso escolar: alumnado, profesorado, centros, ratios, gasto, becas...
Podes visualizalos ou descargalos en formato PDF dende aquí
05/10/2005
BORRADOR DA NOVA LEI DE EDUCACIÓN
Nas páxinas do MEC xa está dispoñible o proxecto da nova Lei Orgánica de Educación. Podedes consultalo ou baixalo en formato PDF dende aquí.
04/10/2005
FOTOS DO ECLIPSE DE SOL
O pasado luns día 3 de outubro tivo lugar un eclipse de Sol que se pudo ver perfectamente dende toda Galicia, e que non volverá a repetirse ata o ano 2026. Dende aquí podedes ver as fotos que sacamos no Instituto.