I Concurso Nacional para a Promoción de xóvenes Escritores Científico-Técnicos

Organizado pola Asociación de Autores Científico-Técnicos y Académicos (ACTA) e patrocinado polo Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) convocouse o día 5 de setembro de 2005 o I Concurso Nacional para a Promoción de Xóvenes Escritores Científico-Técnicos, consistente nun traballo baseado nunha tecnoloxía concreta ou visión de distintas alternativas de Energías Renovables, ó que podían concurrir tódolos institutos de Ensino Secundario -públicos e privados- de España.

Ó concurso podía concurrir un equipo por centro, constituido por 4 alumnos e un profesor. Tiña que presentar un traballo orixinal de un máximo de 32 páxinas. Do noso centro presentouse o equipo que ves na foto, formado por Noemí Couce González, Isaac Rivera Sardiña, Rebeca Luaces Luaces e Sandra Blanco López, e coordinado pola profesora Concepción García Rodríguez. Elaboraron este traballo sobre enerxías renovables, que logrou clasificarse entre os 6 mellores de España.

Clic para ampliar

É de destacar que entre os 5 finalistas restantes figura outro instituto da comarca, concretamente o IES Punta Candieira, de Cedeira, ó que dende aquí felicitamos polo seu éxito, e desexámoslle sorte en Madrid.
Os outros catro centros son os seguintes:

- IES Zapatón, Torrelavega, Cantabria
- Colegio Apostolado Sagrado Corazón, de Valladolid
- IES Ciudad de Arjona, Jaén
- IES Martínez Uribarri, Salamanca

Do 16 ó 18 de decembro, os equipos destes centros deberán defender os seus traballos en Madrid, diante do Xurado do Concurso, do que tamén formarán parte os seus profesores. Os tres primeiros equipos clasificados obterán como premio un fin de semana en Valencia.

Os gastos de viaxe e da estancia en Madrid serán por conta da organización. Os membros de tódolos equipos finalistas serán obsequiados con diversos agasallos. O centro gañador recibirá un Entrenador de Enerxía Solar Fotovoltaica e un lote de libros.

Nas ligazóns seguintes podes ampliar a información sobre este evento.