WEBS DA SEMANA CURSO 2005-06

26//06/2006 A WEB DA SEMANA: VÍA MICHELÍN
Agora que se acercan as vacacións pode resultar de interés a páxina Vía Michelín. Trátase dunha páxina moi práctica para planificar viaxes: axuda a configurar o itinerario, informa de hoteis e restaurantes na zona elexida e mesmo permite reservar plazas hoteleras. Ademais, no apartado Mi Vía Michelín, cada usuario rexistrado (é gratis) pode ir gardando os datos que lle interesen para futuros viaxes. Recomendable.
19//06/2006 A WEB DA SEMANA: ¿QUE SIGNIFICA SOTENIBILIDADE?
A páxina SOStenibilidad é iniciativa da empresa Acciona que pretende aclararnos as dudas en relación a este concepto tan utilizado nos últimos tempos. A partir dun deseño francamente orixinal, vainos informando punto por punto do problema da sostenibilidade, invitándonos a participar no debate.
08//06/2006 A WEB DA SEMANA: ¿COÑECES O KAKURO?
Se xa coñeces o Sudoku (recórdoche que podes xogar dende aquí mesmo) chegou o momento de presentarche o Kakuro. Nesa páxina (en inglés, claro) terás as claves para enteder o xogo, podrás xogar en línea e tamén baixar unha versión do xogo ó teu ordenador. Por si che pasara coma a min coa língua de Shakespeare, esta páxina persoal pode axudarche, e nela tamén poderás resolver un kakuro diariamente...se eres capaz.
25/05/2006 A WEB DA SEMANA: SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ

A do Seminario Galego de Educación para a Paz é unha páxina de interese para os ensinantes dos diferentes niveis sensibilizados en temas coma os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz.
Ademais traémola nestes momentos á nosa páxina porque entrando nela teremos a posibilidade de ler e asinar o Manifesto pola Paz e a Democracia. Ben merece a pena, pois, perder uns minutos do noso tempo.
16/05/2006 A WEB DA SEMANA:17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das Letras Galegas está adicado á figura de Manuel Lugrís. De entre as moitas páxinas que tratan o tema seleccionamos 17 de maio, a páxina institucional da Xunta de Galicia na que podedes coñecer todo o relacionado coa vida e obra do galardonado, así coma un interesante resumo histórico do Día das Letras galegas dende o seu inicio, no ano 1963, ata o presente.
05/05/2006 A WEB DA SEMANA: GOOGLE MAPS ESPAÑA

Google Maps España é a última aportación de Google no campo de planos e fotografías de gran calidade. Nesta versión beta o internauta pode contemplar unha vista aérea fotográfica por satélite da zona escollida, ver o mapa correspondente ou unha versión mixta. Permite búsquedas incluso por rúas, aldeas, etc. Estos de Google son o demo...Entra e verás.
27//04/2006 A WEB DA SEMANA: HISTORIA DO 1 DE MAIO

Ó acercarse o primeiro de maio tal vez non resulte ocioso recordar a orixe desta celebración. A loita polas liberdades sempre foi un camiño tortuoso, e pensamos que non está de máis recordar a aqueles traballadores que emprenderon o 1 de maio de 1886 unha loita terrible por algo tan elemental como é unha xornada laboral de 8 horas. Ocurría nos Estados Unidos donde máis de 5000 fábricas foron paralizadas. En Chicago os sucesos tornáronse especialmente violentos e terminaron ca masacra da praza de Haymarket (4 de maio). Posteriormente, nun juicio amañado contra dirixentes anarquistas e socialistas desa cidade, catro deles foron aforcados. Escollemos hoxe esta páxina da U.X.T. na que podedes rememorar a historia para non olvidala nunca mais.
03//04/2006 A WEB DA SEMANA: MENSA ESPAÑA

MENSA é un club moi selecto no que, no obstante, todos temos a opción de entrar. Bastará con superar un test de intelixencia...cousa que consigue 1 de cada 50 persoas que o intenta. Se te encontras con forzas, xa sabes. Pero recoméndoche que non o tomes moi a peito...
Na páxina podes consultar unha extensa colección de xogos de inxenio e o boletín Carrollia, que é unha publicación de "Matemáticas recreativas, la Lingüística, la Literatura Experimental, lo Lógica, la Ciencia y todo aquello que hubiera gustado a Lewis Carroll", en palabras dos seus autores. En fin, unha páxina moi recomendable para baixarnos os fumes...
27/02/2006 A WEB DA SEMANA: MATEMAGICAS.

Matemagicas é unha páxina dunha profesora francesa que se tomou a molestia de traducila ó español. Recoméndocha encarecidamente tanto polos seus contidos coma polo seu deseño. Non deixes de visitala e verás cousas verdadeiramente máxicas...
27/02/2006 A WEB DA SEMANA: BUSCABIOGRAFÍAS.

Buscabiografías é unha páxina curiosa que nos permitirá consultar algunhas cousas máis que a simple busca de biografías. Etimoloxía, citas célebres, frase do día, chiste do día, refráns, os premios Nobel, os Papas, curiosidades, capitales do mundo, población, etc. Pero sobre todo, se queres coñecer a biografía dun persoeiro estás no sitio axeitado.
16/02/2006 A WEB DA SEMANA: INTERNET PARA NENOS E NENAS

Con un pouco de retraso por motivos "técnicos" presentamos a web da semana: Chaval.es. Trátase dunha páxina de iniciación a internet para nenos e nenas, con contidos didácticos de calidad para o púlbico infantil, de total confianza para pais e nais.
28/01/2006 A WEB DA SEMANA: FACILDEHACER.COM

Se o que aspiras é a ser un "manitas" aquí tes a túa páxina. Dende arreglar un enchufe a consellos para a utilización dunha fresadora, se entras en Facildehacer.com, non terás disculpa para deixar de facer esas "chapucillas" que sempre van quedando.
21/01/2006 A WEB DA SEMANA: GOOGLE LOCAL

Google Local é un novo servicio de Google. Unha páxina extraordinaria para que che permitirá localizar imáxenes de gran parte do mundo tomadas dende un satélite, ou os mapas correspondentes. Desgraciadamente a nosa comarca non é visible...
14/01/2006 A WEB DA SEMANA: AULA CLIC

¿Queres aprender informática gratis? Pois Aula Clic é o teu sitio. Todo tipo de cursos gratuitos, así como manuais, tutoriais, artículos... Tamén podes recibir a asistencia dun profesor pagando unha pequena cantidad.
01/01/2006 A WEB DA SEMANA: TÉCNICAS DE ESTUDIO

TÉCNICAS
DE
ESTUDIO

Técnicas de Estudio é a páxina persoal de Raúl Martínez, profesor no Colexio "Villa de Móstoles" que recomendamos encarecidamente. Elaborada en flash ofrécenos un atractivo percorrido polos diferentes aspectos das técnicas de estudio. Non deixedes de visitala, paga a pena.
27/12/2005 A WEB DA SEMANA: YO ESCRIBO
Páxina para os aficionados a escribir. Poderedes publicar os vosos escritos (contos, novelas, poemas...) e, unha vez rexistrados, leer e baixar os escritos dos demais. Convocan premios de novela, poesía, conto e conto infantil dotados con 3000 euros. Tamén un premio mensual de recetas...

27/12/2005

A WEB DA SEMANA: C.N.I.C.E
A páxina do Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa é unha desas que debemos ter a man. Gran cantidad de recursos por áreas, formación a distancia, webs temáticas, webs de centros educativos...Interesante o banco, bastante completo, de imaxes, imaxes en movemento, sinais e sonidos
19/12/2005 A WEB DA SEMANA: CLIKA SALUD
Clikasalud é unha iniciativa educativa promovida por Adeslas destinada a fomentar comportamentos saludables na poboación adolescente mediante o acceso a unha información innovadora, que facilite a elección dun estilo de vida sana. Os profesores poden facerse membros do seu "Claustro" e acceder así a unha serie de recursos, participar no foro, consultar unha completa axenda o ver a revista Clikagora. Recoméndocha.
12/12/2005 A WEB DA SEMANA: LA MANSIÓN DEL INGLÉS
LA MANSIÓN DEL INGLÉS Se o que buscas é aprender inglés non deixes de visitar esta páxina . Exercicios, prácticas, gramática, cursos e recursos...De todo ó teu alcance sen gastar un céntimo.
05/12/2005 A WEB DA SEMANA: NODO50. CONTRAINFORMACIÓN EN RED
NODO50 "Nodo 50.org, Contrainformación en red", é un sitio pouco habitual que merece ser visitado se queremos fuxir do pensamento único e potenciar o noso espíritu crítico. Dende unha perspectiva de esquerda independiente, defínense como "un centro de encuentro, difuxión y contrainformación para l@s sin voz, disidentes, subversiv@s, utópic@as y desencantad@s...nada más y nada menos."
27/11/2005 A WEB DA SEMANA: LINGUAS DE ESPAÑA E DO MUNDO
Interesante páxina na que te poderás informar acerca das linguase dialectos que se falan en España e no resto do mundo. Ten algunhas seccións ben curiosas, como a de "Alfabetos de ayer y hoy" ou a de "Los Grandes traductores". Paga a pena facerlle unha visita.
20/11/2005 WEB DA SEMANA: FOTOS DENDE O ESPACIO
NASA
A páxina desta semana é verdadeiramente espectacular polas súas imaxes. Trátase da páxina oficial Earth Observatory, da NASA. A colección de fotografías desde o espacio que se nos ofrecen é impresionantes. Cada día mostra unha nova fotografía, e existe a posiblidade de suscribirse para recibir información no noso buzón.
13/11/2005 WEB DA SEMANA: TODA A MÚSICA DO MUNDO
ALLMUSIC All Music debe de ser, con seguridade, a maior base de datos de música que existe en internet...que eu sepa. Se non encontras aquí unha canción ou un autor, premio. Se te rexistras, poderás escoitar un breve fragmento de calquer canción. Claro que todo eso...en inglés.
06/11//2005 VISITA VIRTUAL A GALICIA
Icono de Acceso a Galicia 360
Interesantísima páxina ideal para disfrutar de un auténcico viaxe virtual ó longo de toda Galicia. Podemos visitar dende a Costa da Morte ata a Serra do Caure, con un apartado especial adicado ó Camiño de Santiago. Merece a pena.
31/10/2005 VADEMÉCUM DE DUDAS DA LINGUA ESPAÑOLA
VADEMÉCUM DE DUDAS DA LINGUA ESPAÑOLA
Repertorio de comentarios lingüísticos e aclaración de dudas sobre o uso da lingua española, elaborado pola Fundéu: neoloxismos, antropónimos, topónimos, xentilicios, transcripcións, traduccións, barbarismos, abreviaturas e usos erróneos. Moi útil.
23/10/2005
TODOS OS MAPAS DO MUNDO
Esta semana presentamosche unha páxina moi interesante. Dende ela podrás ver os mapas de todolos países do mundo con un resumen dos seus datos máis interesantes. En inglés e castelán