Quebracabezas 2006 |
Número 10 |
Unha araña constrúe a súa tela no marco dunha ventana. Cada día duplica a superficie feita con anterioridade. De esta forma tarda 30 días en cubrir toda a ventana. Se en vez dunha araña, foran dúas, ¿Cantos días tardarían en cubrir a ventana? |
Se cada día duplica a superficieque tiña feito, eso quere decir que o penúltimo día terá feito a metade da ventana, pois ó duplicar esa mitade xa a terá completa. Polo tanto, cada unha das dúas arañas terá feita media ventana o día 29, o penúltimo día. E claro, sumadas as dúas, cubren a ventana. Resposta: 29 días. |
|
Un caracol trata de subir unha tapia de 10 metros de alto. No seu intento, durante o día consigue subir 2 metros, pero pola noite resbala e descende 1 metro. ¿Cantos días tardará en chegar á parte superior do muro? |
O caracol de marras sube 2 metros cada día e baixa un pola noite. Así, o primeiro día chegará ós 2 metros, e baixará 1, quedando en 1. O segundo día irá dende o metro 1 ata o 3, e baixará 1, quedando en 2. O terceiro día subirá ata os catro e baixará 1, quedande en 3; o cuarto día queará en catro; o quinto en 5; o 5º en 6; o 7º en 7 (¡¡¡uffff!!!); o 8º en 8...o 9º en 9 e o º0 en 10, chegando arriba ¿Non? ¡Pois non! Porque o principio do 9º día subirá dende os 8 metros que quedará o 8º día ata os 10 metros...¡E nese momento chegou arriba do muro. |