As normas que rexirán o concurso son as seguintes:
- Podrán participar os alumnos e alumnas de cada unha das categorías seguintes:
- EP: Para alumnos e alumnas de Educación Primaria do CEIP "A Gándara"
- ESO: Para alumnos e alumnas da ESO do IES Terra de Trasancos.
- BAC/FP: Para alumnos e alumnas de BAC e Ciclos Formativos do IES Terra de Trasancos.
- Cada sábado publicaranse en WebTrasancos os dous Quebracabezas da semana, que se poderán responder ata o domingo da semana seguinte pola noite.
- As respostas teñen que enviarse a través da páxina Web Trasancos, facendo uso dos correspondentes formularios.
- Cada quebra será valorado de 0 a 2 puntos.
- Poderase conceder 1 punto extra cada semana para aquelas solucións que, a xuicio do xurado, destaquen pola súa orixinalidade e creatividade.
- As decisións do xurado son inapelables.
- Cada mes os gañadores de cada categoría terán dereito a un CD de música.
- Ó final do concurso o gañador de cada categoría recibirá un reproductor de música mp3.
|