Páxinas nosas |
|
| |
|
 |
Jaula14 ven
sendo o punto de encontro, debate, reflexión e cachondeo dos alumnos
de 2º C, que no curso que acaba (2005-06) ocuparon
a (J)aula 14 . Non deixedes de visitala. |
| |
|
 |
O Manicomio de Pobreloko é un curioso lugar que xestiona con acerto Guzmán Tenreiro. Nos manicomios encerraban ós que a sociedade tiña por tolos, pero este rapaz non está tan tolo como nos quere facer crer... |
| |
|
 |
O blog de Nurecha cambiou de nome e que o demo me leve se sei o que significa (pero vou averigualo, seguro) o seu novo nome, con resonancias teutonas: Wilkkommen im Dreich. Está ben construido e decícalle moito espacio ó cine. |
| |
|
 |
Revolta Rockeira e un dos blogs de Xan Guindán, no que combina os comentarios políticos de actualidade co rock and roll, que como todo o mundo sabe, nunca morre. Neste terreo, o seu é o Heavy Metal, e a min, que xa vou vello, acórdaseme Led Zeppelin... |
| |
|

|
Ninsesabepuntocom e o blog do orientador dedicada á "música en clave de recordo". A punto de xubilarse douselle agora por ir repasando a música que lle gustaba cando era mozo. Líbreme o demo de opinar dela...O home acabou de tolear e tamén ten un blog persoal co mesmo título que podedes visitar aquí. |