CORRECCIÓN DE ERROS
Están sendo correxidos unha serie de erros en diferentes ligazóns da páxina, dos que non éramos conscientes, por exemplo nos do Patio de Recreo que xa está operativo. Polo tanto xa podedes visualizar unha serie de partidas de xadrez, por exemplo...
Agradeceríamos moito que nos informásedes de calquera erro deste tipo que observedes na páxina. Para iso podedes utilizar este formulario.
CONCURSO SOBRE O EURO
O 1 de xaneiro de 2009 celebrarase o décimo aniversario da Unión Económica e Monetaria
(UEM). O equipo de
Eurocompetición, a iniciativa
da Comisión Europea, convida
os estudantes de 10 a 14
anos a participar nun concurso
de carteis para celebrar os
dez anos do euro.
O concurso
estará aberto dende o 15 de
setembro ata o 31 de decembro
de 2008.
Máis información
premendo neste enlace.
COMEZO DO NOVO CURSO
O vindeiro xoves día 18 de setembro comeza o novo curso escolar.
Ás 10:00 será a presentación dos alumnos de 2º, 3º e 4º ESO e BAC. Para os alumnos de 1º da ESO realizarase como en anos anteriores a Xornada de Acollida pola tarde dese mesmo día, a partir das 17:00.
Os alumnos de ciclos formativos terán a súa presentación o xoves día 25, ás 10:00.
No menú da esquerda podedes baixar o Calendario Escolar do curso 2008-09, en formato PDF, que vos resumimos aquí:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Consulta a orde
completa aquí (formato
PDF) |
|
ACABOU O QUEBRACABEZAS
Xa temos gañadores, neste caso gañadoras, do Quebracabezas 2008. Como era de esperar pola marcha do concurso, no primeiro posto douse un empate entre Paloma Bescos e Bárbara Curbeira, de 1º A.
En segunda posición clasificouse Pablo Jesús López, de 2º A, e o terceiro posto foi para Patricia Sande, de 1º A. O cuarto posto foi para Antía Rodríguez, de 2º B.
Todos eles recibirán os seus premios o día do festival de fin de curso.
ÚLTIMA SEMANA DO QUEBRACABEZAS
Xa tendes á vosa disposición o último quebra do concurso.
Despois das respostas do 4º, e a falta de correxir as que ainda poden chegar do 5º, a clasificación está moi igualada.
Mañán subiremos as respostas recibidas e actualizaremos a clasificación.
Se observades calquer erro pasado polo Departamento de Orientación.
LAURA PORTO PREMIADA NUN CONCURSO DE RELATOS
![]() |
A alumna do noso centro Laura Porto Castro, de 2º ESO B, quedou clasificada en 5º lugar na zona de Ferrol, no Concurso de Jóvenes Talentos, promovido por Coca Cola, na especialidade de Relato Corto. O acto de entrega de premios celebrouse no Restaurtante El Bosque, de Cambre, o pasado venres día 23, onde acudiu acompañada polos seus pais, o seu profesor de lingua, Ignacio Moreno, e a Xefa de Estudios do centro, Visitación Abelenda. |
ACTO DE DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE
O pasado venres día 23, ás 7 da tarde, celebrouse o acto de despedida dos alumnos de 2º de BAC e ciclos. Tódolos rapaces estaban moi nerviosos , chegaron puntuais e lucían ás súas mellores galas para a ocasión.
Comezou o acto e despois dos discursos dos alumnos e do director amosouse o vídeo. Foi aquí cando chegou a emoción dos rapaces e tamén dos pais e dalgún profesor. Era o momento no que se deron conta que remataba unha etapa da súa vida e comezaban outra nova. Entre risas e choros vimos o vídeo e ao rematar os aplausos contidos fluiron sen cesar.
Despois viñeron os agasallos. Un a un foron subindo ao escenario, entres os aplausos dos compañeiros, e foron felicitados polos seus titores e polo director. Unha hora de acto foi suficiente para que a euforia contaxiase a pais e profesores e entre risas e lembranzas degustaron, a continuación, uns pinchos no vestíbulo do Instituto.
Ás dez un pequeno grupo de profesores acompañaron aos alumnos a unha cea na “Bodeguilla” en Narón e despois dalgunha aposta desproporcionada por parte dalgún e dalgunha tivemos festa rachada por diversos pubs de Narón. Os profesores non se quedaron atrás e algúns retiráronse ás tres da mañá;os rapaces continuaron, algúns chegaron moito máis tarde pero todos coincidiron en sinalar que foi un día e unha festa inolvidable .
Podedes ver e baixar as fotos do evento no album de fotos.
INFORMACIÓN PARA OS ALUMNOS DE 2º DE BAC
Estamos completando a reforma do sitio do Departamento de Orientación.
De momento algunhas cousas non funcionan, porque o cambio de formato leva o seu tempo...
No obstante xa podedes utilizar algunhas cousas, como por exemplo o buscador universitario, que pensamos que pode resultarvos de interese.
Para os que vaian ir á Selectividade resultarlles interesante visitar a páxina da CIUG. Tamén pode resultar de utilidade baixar esta presentación en Power Point referida ás PAAU e ó proceso de acceso á Universidade.
QUEBRACABEZAS: TERCEIRA ENTREGA.
Despois do segundo quebra, Paloma Bescos ocupa o primeiro posto da clasificación con 8 puntos. Barbara Curbeira está en segundo lugar con 6 e Pablo Jesús López ocupa a terceira posición con 5 puntos.
Xa podedes consultar as solucións da semana pasada, as clasificacións e as vosas respostas. Si observades algún error pásade polo departamento de Orientación.
QUEBRACABEZAS: AMPLIACIÓN DE PRAZO (...e pista de propina)
Dado que esta semana foi moi curta, ampliamos o prazo para a entrega de respostas do Quebracabezas ata o venres día 8.
E de paso damos unha pista para o conto das sardiñas, que vemos que está costando moito traballiño...Pero vos ben sabedes que as sardiñas pódense vender por pezas ou por ducias, e que o precio da ducia non ten necesariamente que gardar proporcionalidade co precio de cada peza... ¡Menuda pistaza!
BIBLIOTRASANCOS: OS LIBROS MÁIS LIDOS
Polo que vimos nas vosas pegadas, estes que figurana continuación son os libros mais lidos. Para os que aínda non os lestes, recordade que están agardando por vós na Biblioteca, gracias a todos por participar nesta actividade.
- 1º CICLO E.S.O.
- El niño con el pijama de rayas/
Boyne, John ; traducido del inglés por Gemma Rovira Ortega
Publicación: Barcelona : Salamandra, 2007 Edición: 1ª ed - Manolito Gafotas / LINDO, Elvira
Autor/es: LINDO, Elvira
Publicación: ALFAGUARA - Otra vida para Cristina
Autor/es: Mabel Rivera
Publicación: ANAYA - El cuarto de las ratas
Autor/es:Gómez Cerdá, Alfredo
Editorial: SM
- El niño con el pijama de rayas/
Boyne, John ; traducido del inglés por Gemma Rovira Ortega
- 2º CICLO E.S.O.
- El príncipe de la niebla
Autor/es: Ruiz Zafón, Carlos
Publicación: Barcelona : Planeta, 2006 - Durmido sobre os espellos
Autor/es: SIERRA I FABRA, Jordi
Publicación: Vigo : Galaxia, [2003] - Memorias de Idhún
Autor/es: Laura Gallego
Publicación:SM - La Ley de la calle
Autor/es:Susan Hinton
Editorial: Algaguara Infantil y Juvenil
- El príncipe de la niebla
QUEBRACABEZAS: SEGUNDA ENTREGA
Xa está á vosa disposición o quebracabezas desta semana que tamén estará mañán antes do primeiro recreo colocado no taboleiro do centro.
Mañán estarán colocadas as solucións do quebra nº 1 e as clasificacións.
En semanas sucesivas poderedes seguir o concurso dende o menú da esqueda da páxina.
QUEBRACABEZAS: PRIMEIRA ENTREGA.
A partir de hoxe e durante 6 semanas teredes un quebracabezas cada semana.
Pulsade aquí para ver o desta semana.
Tamén o teredes no taboleiro da entrada do centro cada lunes antes do primeiro recreo.
En sucesivas semanas, poderedes seguir o concurso dende o menú da esquerda da páxina.
Para responder, teredes dúas posibilidades:
- Utilizar o cuestionario correspondente
- Entregar a resposta no Departamento de Matemáticas ou no Departamento de Orientación.
- O plazo de entrega é ata o sábado de cada semana.
- Cada luns publicaranse as solucións e as clasificacións
EMPEZA O QUEBRACABEZAS
...pero non e tódalas categorías.
Somente temos participantes, nada menos que 40, na categoría de 1º, 2º e 3º da ESO. Esto vainos permitir aumentar a 3 os premios. Así que haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Estade atentos. Mañá publicaranse a primeira entrega.
Recordade: tendes que enviar a resposta utilizando o formulario que figura no menú da esquerda.
Se tendes dúbidas pasade polo departamento de orientación.
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA
Xa se publicaron as listaxes de admitidos e excluidos para os cursos de inmersión lingüística no estranxeiro para o verán do 2008. Podedes consultalas dende aquí.
- Listaxe de admitidos de 1º da ESO
- Listaxe de admitidos de 2º, 3º e 4º da ESO.
- Listaxe de admitidos de Bacharelato.
- Listaxe de alumnos descartados.
- Listaxe de alumnos dos que non consta o DNI e/ou o centro
FOTOS DA SEMANA VERDE
Xa podedes ver no album de fotos as primeiras fotos, e uns pequenos vídeos, da Semana Verde.
- Recital
- Inxenios con auga
- Exposición fotográfica
- Entrega de premios e fotos de alumnos premiados
- Charlas de David Balsa e Fran Nieto
- Fotos de carteis e dos carteis premiados.
- Fotos das actividades da Biblioteca Verde
- Fotos das actividades do luns día 31 de marzo.
- Fotos da saída ó Río Freixeiro do día 1 de abril
XIV SEMANA VERDE
Dende onte día 31 de marzo ata o vindeiro venres día 4 estanse a celebrar no centro as actividades da XIV Semana Verde.
Como cada ano por estas datas levaranse a cabo unha serie de actividades encamiñadas a concienciar ó alumnado acerca da importancia do cuidado do medio ambiente.
Haberá concursos (de carteis e maquetas, de presentacións informáticas, de poesía e relato breve), obradoiros, charlas, saídas, traballos de coidado do entorno, etc.
Dende aquí podedes baixar o programa completo en formato doc ou pdf.
Iremos completando a información e subindo fotos das diferentes actividades conforme se vaian desenvolvendo.
QUEBRACABEZAS 2008
Convócase o Quebracabezas 2008, para alumnos do CEIP A Gándara e do IES
Terra de Trasancos.
A) Alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.
B)
Alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO
C) Alumnos de 4º da ESO, BAC e Ciclos Formativos.
Podedes baixar ou consultar
as bases aquí,
e ver como foron os concursos anteriores dende este
enlace .
Para inscribirte pasa polo Departamento de Orientación ou utiliza este
formulario.
I CONCURSO "IGNACIO LÓPEZ BUENO" DE PRESENTACIÓNS INFORMÁTICAS
Convócase
o I Concurso "Ignacio López Bueno", de presentacións informáticas
dirixido a alumnos da ESO. Bacharelato e Ciclos dos que estén matriculados
no presente curso en centros de Narón ou Valdoviño.
Consistirá na presentación, en CD ou DVD, dunha presentación informática que se poderá enviar por correo ou presentarse na secretaría do centro antes do 1 de abril de 2008.
Podedes consultar ou baixar as bases completas aquí e baixar o cartel do concurso en tamaño folio (formato doc) pulsando sobre a imaxe.
SEMANA DA PRENSA: 10 A 14 DE MARZO
Baixo o lema de Ponte ó día ó longo da vindeira semana a Biblioteca do centro ten programadas unhas actividades destinadas ó segundo ciclo da ESO e a 1º curso de Bacharelato, nas que se pretende acercar a prensa ó alumnado.
Aprenderán a diferenciar as distintas seccións dun
periódico, a analizar distintos tipos de prensa e tamén a contrastar
noticias de igual contido en distintos periódicos. Paralelamente na biblioteca celebrarase unha exposición de prensa
de distintos países.
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Durante a semana do 3 ó 7 de marzo, a Biblioteca do centra organiza unha actividade para conmemorar o día da muller traballadora, baixo o lema A muller que admiro.
A actividade está destinada ó 1º ciclo da ESO, e consiste na lectura de textos de creación persoal realizada polos propios alumnos.
Posteriormente haberá unha audición e posterior comentario de temas musicais de Amaral e Pedro Guerra relacionados co tema.
CONCURSO DE RELATOS CURTOS DA USC
A Universidade de Santiago de Compostela ven de convocar o 5º Concurso
de Relatos Curtos, Como te imaxinas na USC?, para alumnos de
4º da ESO, Ciclos Formativos ou Bacharelatos.
Os traballos, que terán unha dimensión máxima de 3 folios, poden presentarse
ata o 20 de abril. Os participantes entregarán o seu traballo no centro,
que poderá seleccionar 3 como máximo para enviar á Universidade.
A universidade premiará con un ordenador persoal portátil ó traballo
ganador.
