NOTICIAS DO ARQUIVO

Viaxe a Praga

Un grupo de alumnos de 2º de BAC viaxou a Praga recentemente. No Album podedes ver as fotos correspondentes. E aquí tendes o relato do viaxe, por Graciela.

Despegamos da Coruña co grito de Lara  resoando nos nosos oídos, é normal, é a primeira vez que voan a maioría dos rapaces. Chegamos a Praga un día 5 de Febreiro e o primeiro que facemos é botar unha visual xeral da cidade: a ponte de Carlos á que queríamos ir tódolos días e o Reloxo  Astronómico que nos gusta tanto ver, a Torre da Pólvora (qué café Carlos!!!!!!!!) non vai tanto frío como agardabamos, o primeiro día xa nos gustan os edificios que imos vendo, o Moldava, os faroliños. Mañá subiremos á torre do reloxo, mañá.........., estamos esgotados e marchamos para o hotel, a mesma pregunta  que se repetirá tódolos días: Quén ten coroas en moedas??.
6 de Febreiro: Tardamos en chegar ao centro, o conto de sempre, o condutor do bus non nos da “ twenty one tickets”, a señora do metro tampouco e  despois de moitas vicisitudes por fin chegamos á Torre do Reloxo e subimos no seu  ascensor de cristal,qué vistas¡¡¡¡¡¡, a igrexa de Tyn, bonita, a ponte de Carlos outra vez, qué bonito pasear por ela e escoitar o son do río Moldava, vemos por primeira vez o Rudolfinum : Qué edificio tan bonito¡¡¡¡.Visitamos o Barrio Xudeu, as Sinagogas, na  Sinagoga Maisel faise un silencio sepulcral entre nós, alí están os debuxos dos nenos do campo de concentración de Terezin e os nomes de 80000 xudeus checos  que morreron alí, a verdade,  impresiona. Logo o Cemiterio Xudeu , as tumbas están colocadas unhas enriba doutras cunha desorde da que parece que vai saír Drácula dun momento a outro, impresionante¡¡¡ A sinagoga máis antiga de Europa , onde os nenos teñen que poñer o típico gorro xudeu e a Sinagoga española que é máis recente pero  moi bonita. Comemos nunha cervexería preciosa e probamos todo tipo de comida checa, eu aínda me acordo do puré que ten Daniel no seu prato, a comida é rara pero está boa, concluímos, excepto o puré claro. Pola tarde paseo , o Teatro do Estado, as pontes, o tranvía que collemos sen que, como non¡¡¡ o condutor  non nos queira cobrar, a pequena Venecia coas súas canles e casas pintorescas que recordan a esta cidade. Cruzamos a ponte e vemos a Igrexa de San Nicolás, alí Mozart tivo un funeral ao que asistiron 4000 persoas, Mozart amaba Praga e Praga a el.Vemos por segunda vez o Rudolfinum, e de novo nos  impresiona.
7 de Febreiro: Subimos ao tranvía equivocado pero cando nos damos conta baixamos enfronte dunha pastelería, estampida xeral, todos a comprar pasteliños. Visitamos o Castelo, facemos fotos co garda (que é o checo que curiosamente non se pode rir e sen embargo con nós o fai) a Catedral de San Wenceslao, o “calexón de ouro” onde Francisco Mouzo sálvame dun ladróns, a torre Daliborska, unha prisión onde o Cabaleiro Dalibor tocaba o violín e do que despois Smetana faría unha ópera, o museo dos xoguetes,as barbies de Raquel Lamas. Pola tarde visitamos as rúas de Praga, facemos compras, o reloxo outra vez, as marionetas de Don Giovanni non eran o que agardabamos e estamos moi cansos, é algo distinto, pensamos, imos cear ao sitio máis típico de Praga, trátannos mal e marchamos a comer unha salchicha  na rúa, qué ben o estamos pasando, os rapaces de Pontedeume encantadores, nacen novas amizades. Volta no metro, quén tén coroas en moedas?
8 de Febreiro: Collemos o bus, esta vez o condutor nin me mira á cara cando lle pido por quinta vez twenty one tickets, alí imos outra vez co medo a que nos pille un revisor, non podemos facer nada ante isto pensamos. Chegamos á ponte de Carlos , subimos á torre do mesmo nome, a muller fainos rebaixa pero temos que sacar un por un tódolos carnets de estudante. Museo de Smetana , ao lado do río Moldava, é pequeno pero bonito, aínda que o trato que nos dan alí deixa moito que desexar, insúltannos , estes checos!!!!  Qué terán contra  nós? O museo de Kafka , coas súas esculturas que nos fan rir e a súa K xigante onde Daniel se colga para unha foto , que bonito museo cheo de imaxes e de sons por todas partes!!!!!!!!!!
Barrio de Mala Strana cos seus edificios  e embaixadas. Pola tarde o concerto, arreglámonos, todos guapísimos pero a medida que nos acercamos a este impoñente edificio a alma  cáenos aos pés, abrigos de visón!!, vestidos de gala!!, os homes con paxariña!!!, no vestíbulo champán¡¡¡ Isto é unha pasada, dicimos. O sitio onde estamos é inmellorable e aínda que ao principio levo un disgusto por culpa dunha checa, despóis disfrutamos do concerto, O CONCERTO!!!!!!! Os pelos  póñense de punta ao recordalo, nunca pero nunca escoitaramos un son como o que sae daqueles violíns, da frautista, dos chelos, primeiro Brahms, precioso, logo Dvorak , é incríble estar alí, o director é un xaponés cunha expresividade e sentimento incríbles, parece un soño e todo o teatro ponse en pé cando rematan, saímos de alí pensando na sorte que tivemos e sabendo que quizáis non repitamos esta experiencia nunca ,estamos eufóricos e falamos e falamos sen parar, hai que gastar o que restou do fondo e  dános para comer  unha salchicha nun posto, salchichas para todos e bebidas para compartir!!!!!!!!!! Ninguén protesta. Subimos ao bus, Carlos comenta: Por qué non cantamos? E así comezamos un concerto improvisado, dende "Mi carro" ata "Ondiñas veñen" pasando pola "Rianxeira" e rematando co "Himno galego" e por primeira vez, por primeira!!!!! o condutor do autobús déixanos enfronte do hotel, quedanos a dúbida se por non aguantarnos ou por agradecemento aos nosos cantos.
Día 9 de Febreiro: Ninguén é capaz de levantarse, só seis valentes nos diriximos á casa de Mozart en Praga, temos pouco tempo pero o museo é pequeno, chámanos a atención un mechón que se conserva do compositor, instrumentos da época, etc..Non temos tempo e marchamos correndo para o hotel, ímonos ao avión e despois dunha aterraxe forzosa en Munich chegamos a Madrid e de alí á nosa terra outra vez.
ADEUS PRAGA!!!!!!!!!!!!!  Foi unha viaxe inesquecible para todos e quero recordar dende aquí   aos excelentes rapaces de Breamo, sen eles a viaxe non sería o mesmo, a Martiño, Marco, Miguel, Ledicia , Ángela e Paloma e por suposto á súa profe Olga e a Carlos cos seus cafés, e a tódolos rapaces deste centro polo seu bo comportamento a pesar do caracter dos checos e incluso aos checos que sen eles tampouco nos ririamos tanto. Agardamos repetir esta experiencia moi pronto.

Entroido 2008

Xa podedes ver no Album as fotos do Festival do Entroido celebrado o pasado venres día 1 de febreiro.

Proceso de renovación

A nosa Biblioteca pasou a formar parte do Proxecto Meiga, polo que a partir de agora xa é posible consultar os fondos catalogados comodamente dende a nosa casa, e mesmo realizar reseva de libros para recibir en préstamo.

Para isto é preciso estar rexistrado como usuario. Os alumnos xa están todos rexistrados, e os profesores que o desexen poden facelo pasando pola Biblioteca.

Podes entrar na biblioteca virtual do instituto premendo aquí ou na imaxe da esquerda.

Proceso de renovación

Como vedes estamos en pleno proceso de renovación de WebTrasancos.

A nosa intención e mellorar a usabilidade da páxina, dotándoa dunha maior axilidade.

Esperamos que os cambios sexan do voso agrado.

Perdoade polas molestias, e tende en conta que estamos en obras polo que agradecemos vivamente a vosa colaboración comunicando erros que observedes e aportando suxerencias.

Gracias

Éxito dos alumnos de 2º BAC B

Os alumnos de 2º BAC B do IES Terra de Trasancos, dirixidos polo profesor Manolo Rivera, acaban de obter o 1º premio de Galicia na modalidade Libro Web Colaborativo polo seu traballo Consumo Crítico-Comercio responsable. O premio consiste na participación do programa AUGAMAR, programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño que se leva a cabo no Albbergue Xuvenil "AS Sinas" (Vilanova de Arousa).
Pulsando nos enlaces seguintes podedes ver parte do traballos realizado polos alumnos de 2º de Bacharelato. Todos, excepto o último indicado, refírense á Economía Internacional.
- Páxina de Bárbara, Ramón, Melania e Victoria.
- Páxina de Raquel, Arancha e Vera.
- Páxina de Miguel, Tino e Alejandro.
- Informe de Francisco, Felipe e Fran.
- Páxina de Lidia, Cristina e Raquel
- Páxina de Bea, Elena, Lara e Laura. (Inmigración e pobreza en África)

30/01/2007: RESUCITOU WEB TRASANCOS

Despois de 15 días "morta" volvemos a ter páxina. O motivo da ausencia foi que a empresa de aloxamento da nosa páxina fixo "crack", e houbo que pasar todo a outra empresa...Foi bastante traballoso, pois resultou de todo punto imposible contactar coa empresa anterior. Pero bueno, aquí estamos de novo, ainda que con algúsn problemas que trataremos de ir resolvendo pouco a pouco.
12/01/2007 CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE
Dentro da Campaña de Doazón de Sangue, o viendiero luns día 15 haberá unhas charlas informativas para alumnos de ciclos e 2º de Bacharelato. Para o día seguinte está prevista a doazón de sangue como en cursos pasados, en horario de 9:30 a 14:30 horas.
12/01/2007 XORNADAS: APRENDER A EMPRENDER
Patrocinadas pola Dirección Xeral de Relacións Laborais (Consellería de Traballo) e promovidas pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo os días 15 e 16 deste mes celebraranse unhas xornadas dirixidas a alumnos de Bacharelato e Ciclos sobre aprender a emprender. Nelas colaborarán a Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia e Ugacota (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado).
24/12/2006 FOTOS DO CIRCUITO E DO FESTIVAL DE NADAL
Xa tendes á vosa disposición as fotos do Circuito Matemático e do Festival de Nadal. Podedes velas e baixalas dende aquí mesmo.
21/12/2006 ¿E SE TOMAMOS UN RESPIRO?

Mañá día 22 é o último día de clases do ano. Como sempre, teremos o Circuito Matemático e un pequeno festival a continuación. Esperamos poder colocar mañá mesmo as fotos na páxina.
Estes días teredes observado que estamos en proceso de reestructuración da páxina. Nestes días de lecer esperamos poder completalo e que todo funcione correctamente á volta.
Aproveitamos para desexarvos a todos unha boa entrada no novo ano que anda por aquí rondando.
E sobre todo,

¡Sorte no 2007!

20/12/2006 PROXECCIÓN PARA ALUMNOS DE BAC
Mañá xoves, de 8:30 a 10:10 terá lugar na Sala de Usos Múltiples a proxección da película Una verdad Incómoda, que abora o problema do cambio climática no mundo. Asistirán os cursos de 1º de BAC A e B, e os alumnos de Economía de 2º de BAC. Segundo noticias difundidas nos últimos días, este ano foi o máis caluroso dende que existen estadísticas. Trátase pois dun problema real e de actualidade.
11/12/2006 CONCURSO ESPACIAL
O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e a Fundación Aeroespacio, coa colaboración de diversas entidades, convocan o concurso de traballos escolares "El Espacio en la Vida Cotidiana", co tema "Sputnik: 50 años de aventura espacial". Establécense dúas categorías: ESO e BAC.
Dentro de cada categoría, 4 modalidades: Tecnolóxica, Experimental, Narrativa/Cómic e de Animación. Pincha no enlace para máis información.
01/12/2006 ELECCIÓNS SINDICAIS NO ENSINO
O profesorado do centro participou onte no proceso para elixir os seus representantes sindicais. As votacións desenvolvéronse de 11:00 a 14:30 y de 16:30 a 19:00. O resultado foi o seguinte:
Censo: 50 votantes.
Votos emitidos: 34 Papeletas cubertas: 32. Votos en branco: 2
- CIG: 13 votos
- CCOO: 9 votos
- UGT: 8 votos
- ANPE: 2 votos.
Os resultados en toda Galicia confirman a victoria da CIG que incrementaría a súa representación, obtendo 55 dos 136 representantes elexibles (90% escrutado). En segundo lugar quedaría CCOO (27 delegados) e a UGT ocuparía o terceiro lugar (22 delegados). Segirialle ANPE, con 17 delegados, STEG con 12 e CSIF con 3.
18/11/2006
XORNADAS EN EURO DIRECT CORUÑA
EURO DIRECT O vindeiro día 20 de novembro celebrarase a xornada "Oportunidades laborais: vivir e traballar na Unión Europea", organizada por Euro Direct A Coruña. A xornada terá lugar na sala da Fundación Caixa Galicia, sita en Ronda de Nelle (A Coruña)>
Euro Direct A Coruña é un centro oficial de información da Comisión Europea, acollido pola Deputación de A Coruña.
A xornada está indicada para todos aquelas persoas que poidan estar interesada en vivir en traballa no futuro noutro país da UE.
31/10/2006
MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL
O Padroado da Cultura do Concello de Narón ofrece coma anos anteriores a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, co programa seguinte:
- 9 de novembro, para 1º e 2º ESO: La Pera Limonera .
- 16 de novembro, para 3º e 4º da ESO: La Machina
-17 de novembro, para BAC e Ciclos: La Machina
26/10//2006
TEATRO: VISITA A COMPOSTELA
Un total de 43 alumnos do centro, acompañados polas profesoras Ana Balado e Belén García, visitaron onte pola mañá a Compostela para ver a representación da obra "Cabaret Voltaire".
17/10/2006
COMENZOU O TORNEO DE FÚTBOL SALA
Onte dou comenzo o Torneo de Fútbol Sala no que participan un total de 17 equipos distribuídos en 4 grupos. Aquí poderedes consultar toda a información sobre o mesmo, ainda que polo momento non dispoñemos de tódolos datos. Iremos publicando resultados, clasificacions, goleadores, etc. A final do torneo está prevista para o luns día 4 de decembro.
10/10/2006
XORNADASCONTRA A POBREZA
Do 16 ó 21 de outubro celebrarase en todo o Estado a Semana de Mobilización contra a pobreza. En Galicia hai convocadas manifestacións para o día 21 en Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.
Queremos recordar aquí algúns datos escalofriantes:
- 20.000 persoas morren cada día de fame no mundo.
- Mái de un tercio de tódolos nenos dos países en desenvolvemento viven en condicións de pobreza absoluta.
Para unha maior información sobre o tema podedes visitar:
- Coordinadora galega de ONG's para o desenvolvemento
- Alianza española contra la pobreza
- La Juventud y las Naciones Unidas
-UNICEF
Tamén podes baixar:
- Película sobre o traballo infantil

- Documento da UNICEF acerca da pobreza infantil en países ricos.
09/10/2006
TORNEO DE FUTBITO
TORNEO DE FÚTBOL SALA O próximo mércores día 11 cerrarase o plazo de inscripción para o torneo de Fútbol Sala que se vai a disputar no centro. Poderán inscribirse equipos masculinos, femeninos e mixtos. Os equipos interesados poden apuntarse no Taller nº 2 de Electrónica. Agradeceríamos ós organizadores que nos mantivesen informados. Poden utilizar este cuestionario para enviar resultados, clasificacións, novedades...ou pasar polo Departamento de Orientación.
26/09/2006
PLAN DE MELLORA DA CALIDADE
O noso centro foi un dos 23 IES seleccionados en toda Galicia para levar a cabo un Plan de Mellora da Calidade. O plan a levar a cabo no presente curso escolar refírese ás Programacións Didácticas, e está dotado económicamente con 1000 €.
No concello de Narón tamén foi seleccionado o IES As Telleiras, e tamén o CEIP de A Gándara.
25/09/2006 SELECTIVIDADE: ÉXITO DOS ALUMNOS DO CENTRO EN SETEMBRO
Veñen de publicarse as notas das PAAU de setembro e vemos con satisfación que tódolos alumnos do centro que se presentaron lograron superalas. Así pois queremos darlle a nosa máis cordial noraboa a todos eles. E ánimo cara o futuro.
19/09/2006 INICIO DO CURSO ESCOLAR 2006-07
Mañá día 20 comeza o curso no noso centro coas Xornadas de Acollida, ás que están invitados tódolos alumnos de 1º da ESO cos seus pais, e tamén aqueles doutros cursos da ESO que se matriculan por primeira vez no centro. Serán recibidos no Salón de Actos e posteriormente realizarán unha visita ás dependencias do centro.
07/05/2006 PENÚLTIMA SEMANA DO QUEBRACABEZAS
Coas preguntas desta semana entramos na penúltima semana do concurso. Recordade que o premio para o gañador será un reproductor de mp3, pero tamén haberá CD's para os gañadores do último mes.
Para compensar un pouco os problemas dos servidores da páxina, tampouco publicamos esta semana as solucións dos quebras 9 e 10. Así, aqueles que non mandaran resposta aínda están a tempo de facelo.
Para responder ós quebras da semana 11 fai clic aquí ou no sitio de sempre.
25/04/2006 NOVEDADES NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Nos últimos días estivemos actualizando o Departamento de Orientación para que se podan realizar consultas e baixar materiais. A sección de Información está casi totalmente acabada, e na sección de Materiais incrementou considerablemente o número de arquivos que podedes baixar directamente. Tamén vos recordo que dende o Consultorio podedes facer calquer tipo de consulta. Moitos dos arquivos preparados para imprimir ou baixar están en formato PDF, polo que é preciso ter instalado o Acrobat Reader, que podedes baixar dende aquí mesmo.
03/03/2006 QUEBRACABEZAS DE MARZO
Xa hai gañadores do quebracabezas de marzo: trátase de Eric Trasancos Palmeiro e de Pablo López Méndez, que conseguiron ambos 14 puntos dos 16 posibles. En terceiro lugar finalizou Uxía Martínez Ramos, con 13 puntos. Dado o alto nivel de participación (xa mandaron respostas nalgunha ocasión 67 participantes) decidiomos premiar ós tres mellores.
Recordamos que a clasificación xeral, a falta dun mes, está moi igualada figurando en cabeza Patricia Sande e Eric Trasancos con 22 puntos, e moi cerca Uxía Martínez, Pablo López, Raquel Otero e Thalia Martínez, con 21 puntos. Toda a información aquí.
31/03/06 XII SEMANA VERDE
Na vindeira semana levaranse a cabo as actividades da Semana Verde, que este ano chega á súa edición número XII. Entre os días 3 e 7 de abril os alumnos do instituto participarán nunha serie de actividades relacionadas co cuidado do medio ambiente, poderán participar en diversos concursos e asistir a charlas.
Podes ampliar a información sobre o evento pulsando aquí.
16/02/2006
O TORNEO DE FUTBITO FEMENINO ENTRA NA FASE FINAL
TORNEO DE FÚTBOL FEMENINO Seguen a disputarse os partidos do torneo de fútbol femenino. Cando está a punto de finalizar a primeira fase, marchan destacadas en cabeza da clasificación as Chicas Malas, que demostran que non son tan "malas" como parece polo nome. Á cabeza das goleadoras está a xogadora dese equipo Beatriz Filgueira, que leva marcados nada menos que 16 goles en 5 partidos, seguida de cerca de Alicia Fernández das The Girls, con 12 goles. ¿Coñeces ás goleadoras? Pulsa no seu nome e verás a súa foto. Toda a información aquí.
09/02/2006
XXI ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
Seminario Galego de Educación para a Paz comunícanos que xa está aberto o prazo de inscripción para os XXI Encontros de Educación para a Paz, que este ano tratarán sobre a Conflictividade e Convivencia Escolar.
Os encontrso celébraranse os xoves e venres polas tardes na: EGAP (Escola Galega de Administración Pública), e están homologados con 1 crédito de libre configuración pola USC (Válido para todas as titulacións) . O coste da matrícula e de 20 €.
Poderás ver horarios, programa e incluso inscribirte a través da páxina da organización.
07/02/2006
VISITA Á EXPOSICIÓN "GALICIA CAMIÑO CELESTE"
Os alumnos de 3º da E.S.O. visitarán o próximo xoves día 9 a exposición fotográfica"Galicia, camiño celeste" de Xurxo Lobato, na Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol. Para máis información sobre o contido da exposición pulsa aquí.
05/02/2006 RESULTADOS DO PRIMEIRO QUEBRACABEZAS
Primeira tanda dos quebracabezas cunha participación irregular: impresionante nos pequenos do CEIP (unhas 50 respostas), escasa nos da ESO (11 participantes), e prácticamente nula nos de BAC (2 concursantes)¿Será que conforme nos facemos maiores cústanos máis razoar? Noraboa ós 4 concursantes que encabezan as clasificacións: Jorge Castaño en BAC; Rubén Amigo e Pablo Sande na ESO; e Raquel Otero Carpente, en E.P.
Pulsando nos seus nomes podes ver as respostas aportadas.
Para calquer aclaración, corrección, duda ou suxerencia usade o cuestionario que se utiliza para enviar as respostas.
20/12/2005 PONSE EN MARCHA O TORNEO DE FÚTBOL FEMENINO
TORNEO DE FÚTBOL FEMENINO A partir de xaneiro empezará a disputarse un torneo de fútbol femenino no que van a participar 7 equipos. Toda a información sobre o torneo poderedes seguila dende aquí.
Os partidos empezarán a xogarse a partir do día 23 de xaneiro aproximadamente.
13/12/2005 O TORNEO DE FUTBITO ENTRA NA RECTA FINAL
TORNEO DE FUTBITO O torneo de fútbol entra na fase decisiva. Neste momento quedan por disputar 6 partidos para finalizar a fase previa. Noray, Los 7 fantásticos, La Fuente y Petardas marchan destacados na cabeza dos grupos. Tódolos detalles aquí.
12/12/2005 CONVOCATORIA DE BECAS UNITED WORLD COLLEGES
Dende hoxe ata o día 7 de marzo os alumnos que estén cursando 4º da ESO ou 1º de BAC e naceran nos anos 1989 ou 1990 poerán solicitar becas da Fundación Colexios do Mundo para facer un Bacharelato no estranxeiro, por un importe de 45.000 euros para dous anos. Para máis información podes visitala páxina da Fundación United World Colleges ou pasar polo Departamento de Orientación.
01/12/2005
I CONCURSO NACIONAL DE XÓVENES ESCRITORES CIENTÍFICO-TÉCNICOS
Organizado pola Asociación de Autores Científico-Técnicos y Académicos (ACTA) e patrocinado polo Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) convocouse o día 5 de setembro de 2005 o I Concurso Nacional para a Promoción de Xóvenes Escritores Científico-Técnicos, Un equipo do centro formado por Isaac Rivera, Noemí Couce, Rebeca Luaces e Sandra López, coordinados pola profesora Concepción García, clasificouse entre os 6 mellores de España. Máis información aquí.
26/11/2005 ÚLTIMOS RESULTADOS DO TORNEO DE FUTBITO
SEGUE O TORNEO DE FUTBITO O torneo de futbito leva xa 8 partidos xogados. Dende aquí podedes consultar resultados, clasificacións e goleadores. A cousa parece que empeza a animarse...
20/11/2005 PROGRAMA ORIENTA 2006
ORIENTA 2006 A partir do luns día 21 estará instalado nos diferentes ordenadores do centro o programa Orienta 2006, para que tódolos alumnos e alumnas que o dexesen podan facer consultas. Ademáis podesdes pedilo no propio departamento de orientación ou usando este formulario.
17/11/2005 CHARLA-COLOQUIO SOBRE DOAZÓN E TRASPLANTE DE ÓRGANOS
O martes 22 de novembro terá lugar no salón de Usos Múltiples unha charla-coloquio dirixida a alumnos de BAC e Ciclos formativos en relación ó tema Doazón e trransplante de órganos e tecidos, para o que se desplazarán ata o noso centro especialistas da Oficina de Coordinación de Trasplantes do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo (A Coruña). Para informarte sobre o tema tamén podes visitar a páxina oficial da Organización Nacional de Trasplantes
04/11/2005 MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL, NARÓN 2005
Odía 7 de novembro da comenzo no Auditorio Municipal a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, á que acudirán alumnos do centro. Para saber máis detalles informate aquí.
03/11/2005 XORNADAS DE INTEGRACIÓN SOCIOLABORAL
Alumnos de 1º de BAC, 2º de BAC e ciclo superior de Administraicón asistiron a unha charla acerca de Economía Social acompañados do profesor Manuel Rivera, que impartiu a charla na súa calidade de presidente da Asociación de Economía Social Briante.
28/10/2005 XORNADAS DE CLAUSURA DO PROGRAMA SOLIDARIA III
Alumnos de 2º de BAC e do ciclo superior de Administración, acompañados do profesor Manuel Rivera, asistiron a unha conferencia acerca de Novos xacementos de emprego e calidade de vida, que se celebrou no centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol
19/10/2005 ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS SOCIOLABORAIS DO PROFESORADO
O pacto entre o MEC e seis sindicatos contempla a elaboración dun borrador de Estatuto para xuño de 2006, a reducción da lista de interinos e un novo complemento económico vinculado á tarefa nos centros . Máis información aquí.
12/10/2005
CURSO 2005-2006: DATOS E CIFRAS
Publicación anual elaborada pola Oficina de Estadística do M.E.C.(en colaboración coas CCAA) que permite consultar datos estimados ó comenzo do curso escolar: alumnado, profesorado, centros, ratios, gasto, becas...
Podes visualizalos ou descargalos en formato PDF dende aquí
05/10/2005
BORRADOR DA NOVA LEI DE EDUCACIÓN
Nas páxinas do MEC xa está dispoñible o proxecto da nova Lei Orgánica de Educación. Podedes consultalo ou baixalo en formato PDF dende aquí.
04/10/2005
FOTOS DO ECLIPSE DE SOL
O pasado luns día 3 de outubro tivo lugar un eclipse de Sol que se pudo ver perfectamente dende toda Galicia, e que non volverá a repetirse ata o ano 2026. Dende aquí podedes ver as fotos que sacamos no Instituto.