ARQUIVO
Este é o Arquivo de WebTrasancos.
Podedes consultar as entradas dos diferentes cursos no menú da esquerda
Na parte inferior tendes as entradas máis antigas do presente curso que imos pasando pouco a pouco ao arquivo.
Arquivo Curso 2008-09
03.06.2009 DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE 2º BAC E CICLOS
(Crónica da vicedirectora, Graciela Galdo)
O Venres 22 de Maio celebrouse no noso Instituto o acto de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos.
O acto comezou co discurso dos alumnos que leron Noelia San Claudio e Borja Soriano, a continuación o Director do centro leu unhas palabras de despedida hacia os nosos alumnos/as e tamén adicada aos pais/nais e posteriormente vimos un vídeo onde se recollían diferentes momentos dos alumnos/as no Instituto, clases, traballo, profesores, festas....
Finalizou o acto coa entrega por parte dos titores e do Director do centro dos diplomas, a orla do centro, un pin do instituto e unha copia do vídeo.
No vestíbulo tivemos uns pinchos para todos os profesores,alumnos e familiares e posteriormente acudimos a unha cea nunha parrillada da localidade, cando rematou os rapaces seguiron a súa festa particular e nós nos retiramos a descansar despois dun longo día.
Xa están as fotos no album. Podedes velas ou baixalas dende aquí.
01.06.2009 CONTACONTOS
(Crónica da alumna Paloma Bescos, de 2º ESO - A)
O martes, 22 de Maio de maio do 2009, os alumnos de primeiro e segundo da ESO baixamos ó salón de actos para escoitar a historia dun contacontos.
O rapaz, Manuel Panforreteiro comezou cun pouco de música e a continuación narrou unha historia, de aproximadamente unha hora de duración, que nos mantivo a todos intrigados e a algúns ata asustados.
Cando acabou o relato, nos minutos sobrantes, repartiunos unhas esponxas de lixa coas que fixemos uns ritmos moi pegadizos.
Despois de comentalo, creemos que esta experienza debería repetirse.
12.05.2009 PROBAS DE ACCESO AO CICLO SUPERIOR
Xa se publicaron as cualificacións definitivas das probas de acceso ao Ciclo Superior celebradas o pasado día 3 de abril.
Aquí podedes ver a listaxe das cualificacións definitivas e aquí as cualificacións obtidas polos alumnos que formalizaron a súa matrícula no noso centro (figuran como provisionais, pero xa son definitivas)
06.05.2009 VISITA AO MUÍÑO DO PEDROSO
Outra das actividades desenvolvidas na Semana Verde foi unha visita dos alumnos e alumnas de 2º da ESO ao Muíño do Pedroso, o pasado mércores día 22 de abril
Aquí tendes o album de fotos correspondente.
04.05.2009 MÁIS FOTOS DA SEMANA VERDE
Hoxe poñemos á vosa disposición un novo album de fotos da Semana Verde.
Trátase das fotos referidas á visita que fixeron os alumnos e alumnas de 3º da ESO ás Fragas do Eume, o día 21 de abril.
29.04.2009 SEMANA VERDE: FOTOS DOS OBRADOIROS
Xa podedes ver e baixar ao voso ordenador as fotos dos obradoiros que se desenvolveron ao longo da Semana Verde no noso centro.
28.04.2009 CURIOSIDADES ESTATÍSTICAS
Se vos fixáchedes no número de visitas á páxina notariades un incremento sustancial de onte para hoxe. ¿Que pasou? Simplemente que a anterior estatística estaba errada e, afortunadamente, o número de visitas é moito maior do que sinalaba. Entrando no panel de control do servidor, observamos que, a día de hoxe, superamos os 150.000 visitantes. A estatística por anos está así:
- Ano 2005: 6.547 visitas
- Ano 2006: 48.638 visitas
- Ano 2007: 30.448 visitas
- Ano 2008: 54.808 visitas
- Ano 2009 (01-01 ata hoxe): 11.458 visitas.
No que vai de ano, o mes con maior número de visitas foi Febreiro (3.399) e o de menos Xaneiro (2.244).
Un dato interesante é dende onde entran na páxina: ¡nada menos que un 98,4% dos visitantes fanno a partir de Google!
Polo que respecta ó sistema operativo, un 95,2 % dos visitantes fixérono a través de Windows, e o navegador máis utilizado foi o Explorer (67%), pero a competencia do Firefox empeza a notarse e moito (23,5%).
En canto á orixe dos visitantes lóxicamente a maioría son do noso país, pero no que vai de ano xa recibimos visitas de Rusia, Alemania, Francia, México, Venezuela, Colombia, Perú, Chile, Argentina, Brasil, Inglaterra, Suecia, Ucrania, Ecuador, Guatemala, Portugal, Italia, Bolivia, Canadá, Salvador e outros países, ente eles...¡China! E e anos anteriores recibimos visitas de case todo o mundo, ata de Uzbekistan, Yemen ou Cabo Verde...
27.04.2009 EXCURSIÓN A CORUÑA
(Crónica da alumna Sonia Bouza Manjón, de 2º A)
El día tres de abril, los alumnos de 2º y 3º de E.S.O hicieron una pequeña excursión a Coruña. |
RESOLTOS OS CONCURSOS DE POESÍA E SLOGNAS I CARTEIS
Xa se fixo pública a resolución do xurado no concurso de Slogans i Carteis. A obra gañadora foi Principais problemas que afectan ás árbores, realizada por Iria Villar Vázquez, Alejandro Mera Paz, Paula González López, María Vales Zárate e Lucía Vázquez Espiñeira, alumnos todos eles do curso de 3º de Diversificación. Este mesmo grupo tamén obtivo o terceiro premio do concurso, coa obra Importancia das Árbores.
O segundo premio recaiu na obra "Árbores Mediciñais", de Pablo Jesús López Méndez, Eyler Brigitt Arenas Vélez e Isabel Alonso Cal, tamén de 3º da ESO.
Tamén se publicou a resolución do concurso de poesía, e neste caso resultou gañador o poema La danza de la vida, de Román Cuadrado Cartelle, alumno de 4º da ESO B, que transcribimos a continuación:
Mil almas se alzan con vigor
Mientras la brisa besa sus hojas
Susurrando letanías a los mudos troncos.
Contra el encarnado anochecer estival
Se recorta su baile:
El melancólico sauce,
Traza círculos de escarcha
Con su queda danza.
El milenario roble, sobrio y estático
Alienta a los retoños con su verde fulgor.
Todos al unísono aúllan y se retuercen
Alzando sus manos a un cielo multicolor.
Mientras, el mar cincela la roca
Con sus estallidos irisados
Alzados al manto celestial
Y la luna se condensa risueña
Acariciando el ocaso.
Os outros dous premios foron para David Carballeira López, de 4º da ESO A, polo seu poema Baobad, e para Pablo Jesús López Méndez, alumno de 3º ESO B, polo seu poema El año de mi árbol
GAÑADORES DO II CONCURSO IGNACIO LÓPEZ BUENO DE PRESENTACIÓNS INFORMÁTICAS
Xa se coñece a resolución do xurado do II Concurso Ignacio López Bueno de presentacións informáticas.
Na categoría da E.S.O. o gañador foi
Brais Ferreiro Ares, alumno de 1º da ESO no IES de Chapela (Redondela), polo seu traballo "A importancia das árbores".
Na categoría de Bacharelato e Ciclos resultou vencedor Vicente Alonso Calvo, alumno do 2º curso do CM de Equipos Electrónicos de Consumo, do noso instituto, pola presentación titualda "Árbol+Vida"
Dende aquí felicitamos cordialmente aos gañadores, e poñemos á vosa disposición as presentacións premiadas:
- A importancia das Árbores (Brais Ferreiro Ares)
(Audio utilizado na presentación) - Árbol + Vida (Vicente Alonso Calvo)
BASES DOS CONCURSOS DA SEMANA VERDE
Xa se fixeron públicas as bases dos concursos da Semana Verde. Os concursos van dirixidos a tódolos grupos do centro e todos terán premios que se entregarán o venres día 24 de abril na Sala de Usos Múltiples.
No obstante, recordade que cabe a posibilidade de que os premios poidan quedar desertos de non acadar un mínimo de calidade e/ou participación.
Podedes descargar as normas específicas en formato pdf dende aquí.
A ÁRBORE DOS DESEXOS E O NOVO XARDÍN DO CENTRO
Con motivo da Semana Verde, este ano temos no vestíbulo do centro unha árbore que servirá para que colguedes nela algunha frase sobre as árbores.
Xa sabedes que o lema desta XV edición é "Grazas ás árbores", así que ide pensando e ao longo de toda a semana poderedes colgar a vosa frase no vestíbulo; poderá estar feita en cartulina e coa forma que máis vos guste.
Poderedes facer as cartulinas para colgar durante a titoría e durante as vosas horas libres.
Por outro lado sabedes que teremos xa moi pronto un novo xardín e encantaríanos que aportárades ideas sobre como vos gustaría que fose ese xardín; para elo atoparedes tamén no vestíbulo un Buzón de Suxerencias e alí podedes deixar todo o que se vos ocurra para que nel vos atopedes o máis a gusto posible.
Rrecordade que vai ser de todos e pensade en como vos gustaría que fose para poder disfrutalo.
A vosa participación é importante!
DISFRUTADE ESTA SEMANA E SEMPRE DA NATUREZA!!!
XV SEMANA VERDE
Xa queda pouco para a celebración da XV Edición da SEMANA VERDE. A data prevista é do 20 ó 24 de abril do 2009.
As actividades deste ano xirarán arredor dun tema principal: “AS ÁRBORES”
Coma sempre queremos contar con todos vós, alumnos/as e profesores/as. Haberá actividades dentro e fóra da aula, tales como o coidado e limpeza do centro (preferentemente cos titores), saídas polo río Xubia e unha visita ás Fragas do Eume, charla de alumnos/as, concursos, biblioteca verde, obradoiros en laboratorios e aulas, música e recitais, etc.
O programa completo de actividades estará pronto á vosa disposición, tanto na páxina coma nos taboleiros do centro.
XA O PODEDES CONSULTAR AQUÍ (FORMATO PDF)
CRÓNICA DO VIAXE A LONDON CITY
O pasado 23 de Febreiro, organizado polo Departamento de Inglés, partimos do noso Instituto rumbo a Londres; ían 19 alumnos de 1º de Bacharelato xunto con Fefa, profe de Inglés e Graciela, a profe de Música.
Logo de superar algúns nervios ao subir ao avión aterramos en Londres. Cando chegamos ao Hostal comprobamos que era un albergue cheo de rapaces, todos da mesma idade que os nosos e xa o mesmo día decidimos darlle a primeira visual á cidade.
Ao igual que sucedeu en PRAGA coa ponte de Carlos, o noso centro de referencia foi Covent Garden. Covent Garden é un bonito mercado cuberto, cheo de tendas, cafés, onde se pode atopar todo tipo de personaxes, dende cantantes de ópera ata magos ou malabaristas.
Covent Garden, Picadilly, Leicester Square, Trafalgar Square ......a medida que nos adentramos na cidade ímonos dando conta de que vai ser unha viaxe que non esqueceremos.
Nos días seguintes visitamos o Museo de Historia Natural, presidido por un enorme Diplodocus, o Museo de Ciencias cos seus inventos, avións, coches....(aquí algún proba un simulador de voo), o British Museum onde nos quedamos impactados polos restos do Partenón e as súas momias, a Saint Paul´s Cathedral onde só uns valentes, entre eles as profes , se atreveron a subir os trescentos e pico escalónss que hai para chegar á cúpula, cruzamos a ponte do Millenium ata chegar á Tate Gallery, unha antiga fábrica reconvertida en museo de arte moderno e ata disfrutamos dun musical impresionante no Lyceum Theatre e comemos un día na cripta da Iglesia Saint Martin in the Fields.
A convivencia foi boa, chea de anécdotas: O fútbol, o Chelsea, o Liverpool, o Madrid, a negativa a deixarnos entrar en Harrods de catro en catro, o concerto de Iago na Saint Paul´s Cathedral, o musical do Lion King, as alamanas, os franceses, a alarma soando ás dúas da mañá, en fin, moitas cousas para recordar dunha bonita viaxe que agardamos repetir algún día.
Podedes ver as fotos da viaxe aquí.
II CONCURSO IGNACIO LÓPEZ BUENO DE PRESENTACIÓNS INFORMÁTICAS
CASETA METEREOLÓXICA EN TRASANCOS
Dende fai uns días o noso Instituto forma parte da rede de centros escolares que contan cunha caseta de observación metereolxócia, esa que vedes na foto.
Polo momento dispoñemos so dun termómetro de máxima e mínima, máis ou menos coma este, e dun pluviómetro, pero pronto disporemos doutros instrumentos de medida. Tódolos días tómanse as medidas e súbense os datos a esta páxina. Como vedes na páxina existen estacións automáticas e manuais. A nosa é deste último tipo, así que desplegando o menú Manuais podedes localizar o noso centro dentro da provincia correspondente. Verédelo en cor amarelo, o que significa que estamos aportando datos diariamente. Pinchando no nome do nosos centro, oderedes ver cadros de resumos e gráficos referidos aos datos que fomos subindo diariamente. |
![]() |
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Co motivo da celebracín do "Día da Muller Traballadora", durante a semana do 9 ao 13 de Marzo realizouse a confección dun mural conmemorativo no que alumnos e profesores estamparon as súas mans, e proxectáronse as películas "Quiero ser como Bedkham" no primeiro ciclo da ESO, e "Las mujeres de verdad tienen curvas" en 1º e 2º de BAC
03-03-2009 / CONFERENCIA DE RAMÓN LOUREIRO
![]() |
|---|
Nesta tarde o escritor Ramón Loureiro estivo no noso instituto para participar nun acto organizado polo Departamento de Lingua Castelá. O fin era que falase, principalmente ao alumnado de 1º de bacharelato, da súa última novela Las galeras de Normandía de lectura obrigatoria para eles.
En relación a esta obra e, en xeral a todas as del, díxonos que tiñamos que ir sempre máis alá da aparencia, que debiamos traspasar a sombra, mirar detrás; deste modo chegariamos a un mundo onírico onde o fantasioso e a realidade misturaríanse sen sabermos case nunca cales son os seus lindes.
Vivos
e mortos, persoaxes desdobrados en múltiples perspectivas, deambulan por esta obra herdeira da literatura artúrica.
Loureiro reivindica constantemente esa Terceira Bretaña que sitúa no nordés galego e tamén a memoria deses celtas cristiáns que na noite dos tempos chegaron á nosa terra.
FESTIVAL DO ANTROIDO
Como en anos anteriores celebrouse, o pasado venres día 20, o Festival do Antroido.
Podedes ver as fotos, con música e todo, pulsando aquí.
Os gañadores foron os seguintes:
- Comparsas:
- 1º Sumo de Laranxa
- 2º Los Granjeros
- Individual
- 1º Román Cuadrado
- 2º Mario Becerra
- 3º David Carballeira
- Colectivos
- 1º Paises
- 2º Fashion Victim
- 3º El Circo
- 4º Animales
NOVAS FOTOS E VÍDEOS
Xa están no album as fotos Do día da Paz de da representación de teatro.
Tamén podedes ver aquí uns vídeos da función teatral.
DÍA DA PAZ
O día 30 de Xaneiro celebramos no noso centro o día escolar da paz.
Pola mañá un grupo de rapaces e rapazas colocaron o símbolo da paz no vestíbulo do centro feito con velas e uns preciosos murais feitos polos alumnos de Educación para a Cidadanía de 2º da E.S.O.
Ademais, tamén se repartiron lazos blancos a todo aquel que o solicitou.
Ás doce e dez celebrouse un acto voluntario na Sala de Usos Múltiples onde rapaces e rapazas de primeiro da ESO leron frases sobre a paz escritas por personaxes relevantes no mundo tanto da ciencia, da historia, da cultura,etc....Todo iso coa música de fondo que interpretou un antigo alumno do noso centro, Miguel Pita.
A continuación fixemos un minuto de silenzo por tódalas as víctimas das guerras e finalizamos coa interpretación do Himno da Alegría.
Concurso EUROSCOLA 2009
XV EDICIÓN
A Oficina do Parlamento Europeo en España convoca a XV Edición do Concurso Euroscola
O obxectivo é informar ós xoves sobre o proceso de integración europea e estimular a súa participación na construcción da U.E.
O concurso busca tamén fomentar o uso de internet como ferramenta educativa, informativa e comunicativa e a aparendizaxe doutra lingua, fundamental
para conseguir unha Europa unida.
O tema seleccionado para esta edición son as Eleccións ó Parlamento Europeo.
Para participar é preciso inscribirse nun equipo, formado por 10 alumnos de entre 15 e 18 anos e un profesor responsable que será o líder do grupo.
Os gañadores viaxarán a Estrasburgo para participar no Programa Euroscola, unha simulación do Parlamento Europeo para os xoves.
O Concurso desenvolverase a través dun xogo interactivo educativo en Internet. O xogo consta de varias fases e múltiples ferramentas que facilitarán as tareas dos equipos.
O coñecemento da lingua inglesa ou francesa por parte dos alumnos é moi importante,
dado que os gañadores deberán integrarse en reunións de comisións parlamentarias, onde non haberá intérpretes, e que se desenvolverán en inglés ou francés.
Nesta web tendes toda a información necesaria para poder participar.
INMERSIÓN VERÁN 2009
A Orde do 2 de xaneiro de 2009 da Consellería de Educación (DOG do 8 de xaneiro) publica a convocatoria de axudas dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos, para realizar actividades de inmersión lingüística no verán do 2009.
Poden solicitar as diferentes axudas alumnos da ESO e de BAC. A solicitude terase que realizar na páxina web preparada a tal efecto pola Consellería de Educación.
Máis información:
FOTOS DO CIRCUITO MATEMÁTICO
Como cada ano polo Nadal, celebrouse o Circuito Matemático con un moi alto índice de participación.
Posteriormente houbo o acto da entrega de premios no Salón de Usos Múltiples.
Xa tendes no Album as fotos correspondentes.
...FALTABAN OS VÍDEOS
Hoxe poñemos tamén á vosa disposición os vídeos grabados na visita a Lugo. Están en formato flv, polo que, para poder visualizalos, debedes ter instalado Adobe Flash Player. Se non é así, podedes descargar a última versión do programa dende aquí.
SAÍDA A LUGO
O pasado mércores día 19 de novembro, os alumnos de 4º da ESO realizaron unha saída a Lugo acompañados das profesoras do centro Olga Martínez, María José Muíño e Consuelo Castro.
Visitaron a fortaleza de Narla (concello de Friol) que é unha fortaleza medieval en perfecto estado de conservación, tanto no exterior coma no interior, onde se reproduce a vida medieval a través dos enseres que alí se conservan.
Desgraciadamente non dispoñemos de fotografías do interior xa que estaba prohibido sacalas.
Logo asistiron a un Obradoiro de Robótica no Parque da Milagrosa de Lugo. Neste obradoiro aprenderon a programar un robot mediante un software que descargaban no robot, para que este executase as ordes que recibía.
¡Ollo! Houbo un grupo (o formado por David Carballeira, Iván Coira e Manuel Aldrey) que quedou en 3ª posición na competición entre tódolos centros de Galicia que participaban. Mágoa que soamente houbo premios para os dous primeiros...
¡Outra vez será!
No álbum quedan as fotos do evento que podedes ver dende aquí mesmo (con música e todo...)
PROGRAMA ORIENTA
Tendes á vosa disposición o programa Orienta. Dende o menú da esquerda podedes baixalo e instalalo no voso ordenador.
O programa ten os seguintes apartados:
- Carreras: neste apartado terás toda a información sobre os estudios universitarios, notas de corte, pasarelas, etc.
- Catálogo de títulos: aquí poderás ver tódolos títulos existentes distribuidos por familias profesionais, tanto universitarios como de formación profesional, coa información básica acerca deles.
- FP G.S.: neste apartado tes toda a información acerca dos ciclos de FP de grao superior.
- Itinerarios posibles: neste apartado poderás ver tódalas posibilidades que tes de continuar estudios cando acabes a ESO
- FP C.M.: aquí toda a información acerca dos ciclos de FP de grao medio.
- PCPI: neste apartado toda a información acerca dos novos Programas de Cualificación Profesional Inicial.
- Cuestinarios: na parte inferior da pantalla poderás acceder a varios cuestionarios.
- Un cuestionario de profesións.
- Un cuestionario para axudarche a elexir si estás facendo Bacharelato.
- Tres cuestionarios para axudarche a elexir si estás na ESO.
Para calquera dúbida podes pasar polo Departamento de Orientación.
SONIA BECERIO, MELLOR DEPORTISTA DE NARÓN
A alumna do noso centro Sonia Beceiro Fernández foi galardonada como mellor deportista de Narón do ano 2008 nun acto celebrado o pasado venres no Auditorio de Narón. O Alcalde de Narón, Xoan Gato, fíxolle entrega do premio.
Ós seus 15 anos, esta rapaza naronesa que actualmente cursa 4º da ESO, presenta un impresionante palmarés deportivo, verdadeiramente difícil de superar.
A risco de deixar algo no tinteiro, velaí os méritos de Sonia:
- Campiona galega na súa categoría (cadete) nas probas de triple salto, salto de lonxitude e nas probas combinadas (100 m vallas, lonxitude, peso, altura, xabalina e 100 m lisos).
- Campiona galega na súa categoría nas probas de peso, triple salto e combinadas (50 m vallas, lonxitude, peso e 50 m lisos) en pista cuberta.
- Subcampeona galega na categoría absoluta en triple salto.
- Mellor marca absoluta galega en triple salto.
- Campiona de España na súa categoría en 100 m vallas, coa selección galega.
- Campiona de España en probas combinadas, co seu equipo Sierra Narón.
- Bateu 3 veces o récord galego en probas combinadas.
- Récord galego da súa categoría actual en probas combinadas.
- Récord galego na súa categoría na proba de 4x100 coa selección galega de cadetes.
- Medalla de bronce nas probas combinadas no campionato de España de en pista cuberta celebrado en Oviedo neste ano.
- O Sierra Narón, seu equipo de atletismo, foi o primeiro na historia de Galicia en pasar a unha final española por equipos, na categoría cadete.
Tendo en conta a súa xuventude non cabe dúbida que os éxitos de Sonia non fixeron máis que empezar.
Reciba a nosa máis cordial noraboa esta gran deportista.
- Notas de prensa:
MAGOST0
O pasado venres día 7 de Novembro celebramos no Instituto o tradicional Magosto. Este ano as castañas estiveron acompañadas por leite. Na preparación do Magosto colaboraron activamente os alumnos de 2º de ESO B e os de 3º ESO. Despois Margarita, a profesora de Educación física, organizou xogos populares para todos os alumnos do 1º Ciclo de ESO.
Queremos agradecer de forma especial a colaboración da ANPA na celebración do Magosto. As castañas estaban moi boas, pasámolo todos moi ben e para o curso que vén repetiremos.
Xa podedes ver no album de fotos algunhas fotos do evento.
CORRECCIÓN DE ERROS
Están sendo correxidos unha serie de erros en diferentes ligazóns da páxina, dos que non éramos conscientes, por exemplo nos do Patio de Recreo que xa está operativo. Polo tanto xa podedes visualizar unha serie de partidas de xadrez, por exemplo...
Agradeceríamos moito que nos informásedes de calquera erro deste tipo que observedes na páxina. Para iso podedes utilizar este formulario.
CONCURSO SOBRE O EURO
O 1 de xaneiro de 2009 celebrarase o décimo aniversario da Unión Económica e Monetaria
(UEM). O equipo de
Eurocompetición, a iniciativa
da Comisión Europea, convida
os estudantes de 10 a 14
anos a participar nun concurso
de carteis para celebrar os
dez anos do euro.
O concurso
estará aberto dende o 15 de
setembro ata o 31 de decembro
de 2008.
Máis información
premendo neste enlace.
COMEZO DO NOVO CURSO
O vindeiro xoves día 18 de setembro comeza o novo curso escolar.
Ás 10:00 será a presentación dos alumnos de 2º, 3º e 4º ESO e BAC. Para os alumnos de 1º da ESO realizarase como en anos anteriores a Xornada de Acollida pola tarde dese mesmo día, a partir das 17:00.
Os alumnos de ciclos formativos terán a súa presentación o xoves día 25, ás 10:00.
No menú da esquerda podedes baixar o Calendario Escolar do curso 2008-09, en formato PDF, que vos resumimos aquí:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Consulta a orde
completa aquí (formato
PDF) |
|
Xa tendes á vosa disposición o último quebra do concurso.
Despois das respostas do 4º, e a falta de correxir as que ainda poden chegar do 5º, a clasificación está moi igualada.
Mañán subiremos as respostas recibidas e actualizaremos a clasificación.
Se observades calquer erro pasado polo Departamento de Orientación.



