Skip to main content.

Arquivo Curso 2006-07

19/09/2006 INICIO DO CURSO ESCOLAR

Mañá día 20 comeza o curso no noso centro coas Xornadas de Acollida, ás que están invitados tódolos alumnos de 1º da ESO cos seus pais, e tamén aqueles doutros cursos da ESO que se matriculan por primeira vez no centro. Serán recibidos no Salón de Actos e posteriormente realizarán unha visita ás dependencias do centro.

25/09/2006 ÉXITOS DOS ALUMNOS DO INSTITUTO NAS PAAU

Veñen de publicarse as notas das PAAU de setembro e vemos con satisfación que tódolos alumnos do centro que se presentaron lograron superalas. Así pois queremos darlle a nosa máis cordial noraboa a todos eles. E ánimo cara o futuro.

26/09/2006 PLAN DE MELLORA DA CALIDADE

O noso centro foi un dos 23 IES seleccionados en toda Galicia para levar a cabo un Plan de Mellora da Calidade. O plan a levar a cabo no presente curso escolar refírese ás Programacións Didácticas, e está dotado económicamente con 1000 €.
No concello de Narón tamén foi seleccionado o IES As Telleiras, e tamén o CEIP de A Gándara.

25/09/2006 ÉXITOS DOS ALUMNOS DO INSTITUTO NAS PAAU

O próximo mércores día 11 cerrarase o plazo de inscripción para o torneo de Fútbol Sala que se vai a disputar no centro. Poderán inscribirse equipos masculinos, femeninos e mixtos. Os equipos interesados poden apuntarse no Taller nº 2 de Electrónica. Agradeceríamos ós organizadores que nos mantivesen informados. Poden utilizar este cuestionario para enviar resultados, clasificacións, novedades...ou pasar polo Departamento de Orientación.

10/10/2006 SEMANA CONTRA A POBREZA

Do 16 ó 21 de outubro celebrarase en todo o Estado a Semana de Mobilización contra a pobreza. En Galicia hai convocadas manifestacións para o día 21 en Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.
Queremos recordar aquí algúns datos escalofriantes:
- 20.000 persoas morren cada día de fame no mundo.
- Mái de un tercio de tódolos nenos dos países en desenvolvemento viven en condicións de pobreza absoluta.
Para unha maior información sobre o tema podedes visitar:
- Coordinadora galega de ONG's para o desenvolvemento
- Alianza española contra la pobreza
- La Juventud y las Naciones Unidas
-UNICEF
Tamén podes baixar:
- Película sobre o traballo infantil

- Documento da UNICEF acerca da pobreza infantil en países ricos.

25/09/2006 ÉXITOS DOS ALUMNOS DO INSTITUTO NAS PAAU

Veñen de publicarse as notas das PAAU

17/10/2006 TORNEO DE FÚTBOL SALA

Onte dou comenzo o Torneo de Fútbol Sala no que participan un total de 17 equipos distribuídos en 4 grupos. Aquí poderedes consultar toda a información sobre o mesmo, ainda que polo momento non dispoñemos de tódolos datos. Iremos publicando resultados, clasificacions, goleadores, etc. A final do torneo está prevista para o luns día 4 de decembro.

26/10/2006 TEATRO: VISITA A COMPOSTELA

Un total de 43 alumnos do centro, acompañados polas profesoras Ana Balado e Belén García, visitaron onte pola mañá a Compostela para ver a representación da obra "Cabaret Voltaire".

31/10/2006 MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL

O Padroado da Cultura do Concello de Narón ofrece coma anos anteriores a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, co programa seguinte:
- 9 de novembro, para 1º e 2º ESO: La Pera Limonera .
- 16 de novembro, para 3º e 4º da ESO: La Machina
-17 de novembro, para BAC e Ciclos: La Machina

18/11/2006 XORNADAS EN EURO DIRECT CORUÑA

O vindeiro día 20 de novembro celebrarase a xornada "Oportunidades laborais: vivir e traballar na Unión Europea", organizada por Euro Direct A Coruña. A xornada terá lugar na sala da Fundación Caixa Galicia, sita en Ronda de Nelle (A Coruña)>
Euro Direct A Coruña é un centro oficial de información da Comisión Europea, acollido pola Deputación de A Coruña.
A xornada está indicada para todos aquelas persoas que poidan estar interesada en vivir en traballa no futuro noutro país da UE.

01/12/2006 ELECCIÓNS SINDICAIS NO ENSINO

O profesorado do centro participou onte no proceso para elixir os seus representantes sindicais. As votacións desenvolvéronse de 11:00 a 14:30 y de 16:30 a 19:00. O resultado foi o seguinte:
Censo: 50 votantes.
Votos emitidos: 34 Papeletas cubertas: 32. Votos en branco: 2
- CIG: 13 votos
- CCOO: 9 votos
- UGT: 8 votos
- ANPE: 2 votos.
Os resultados en toda Galicia confirman a victoria da CIG que incrementaría a súa representación, obtendo 55 dos 136 representantes elexibles (90% escrutado). En segundo lugar quedaría CCOO (27 delegados) e a UGT ocuparía o terceiro lugar (22 delegados). Segirialle ANPE, con 17 delegados, STEG con 12 e CSIF con 3.

11/12/2006 CONCURSO ESPACIAL

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) e a Fundación Aeroespacio, coa colaboración de diversas entidades, convocan o concurso de traballos escolares "El Espacio en la Vida Cotidiana", co tema "Sputnik: 50 años de aventura espacial". Establécense dúas categorías: ESO e BAC.
Dentro de cada categoría, 4 modalidades: Tecnolóxica, Experimental, Narrativa/Cómic e de Animación. Pincha no enlace para máis información

20/20/2006 PROXECCIÓN PARA ALUMNOS DE BAC

Mañá xoves, de 8:30 a 10:10 terá lugar na Sala de Usos Múltiples a proxección da película Una verdad Incómoda, que abora o problema do cambio climática no mundo. Asistirán os cursos de 1º de BAC A e B, e os alumnos de Economía de 2º de BAC. Segundo noticias difundidas nos últimos días, este ano foi o máis caluroso dende que existen estadísticas. Trátase pois dun problema real e de actualidade.

21/12/2006 ¿E SE TOMAMOS UN RESPIRO?

Mañá día 22 é o último día de clases do ano. Como sempre, teremos o Circuito Matemático e un pequeno festival a continuación. Esperamos poder colocar mañá mesmo as fotos na páxina.
Estes días teredes observado que estamos en proceso de reestructuración da páxina. Nestes días de lecer esperamos poder completalo e que todo funcione correctamente á volta.
Aproveitamos para desexarvos a todos unha boa entrada no novo ano que anda por aquí rondando.
E sobre todo,

¡Sorte no 2007!

24/12/2006 FOTOS DO CIRCUITO E DO FESTIVAL DE NADAL

Xa tendes á vosa disposición as fotos do Circuito Matemático e do Festival de Nadal. Podedes velas e baixalas dende aquí mesmo.

12/01/2007 XORNADAS: APRENDER A EMPRENDER

Patrocinadas pola Dirección Xeral de Relacións Laborais (Consellería de Traballo) e promovidas pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo os días 15 e 16 deste mes celebraranse unhas xornadas dirixidas a alumnos de Bacharelato e Ciclos sobre aprender a emprender. Nelas colaborarán a Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia e Ugacota (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado).

12/01/2007 CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

Dentro da Campaña de Doazón de Sangue, o viendiero luns día 15 haberá unhas charlas informativas para alumnos de ciclos e 2º de Bacharelato. Para o día seguinte está prevista a doazón de sangue como en cursos pasados, en horario de 9:30 a 14:30 horas.

30/01/2007 RESUCITOU WEB TRASANCOS

Despois de 15 días "morta" volvemos a ter páxina. O motivo da ausencia foi que a empresa de aloxamento da nosa páxina fixo "crack", e houbo que pasar todo a outra empresa...Foi bastante traballoso, pois resultou de todo punto imposible contactar coa empresa anterior. Pero bueno, aquí estamos de novo, ainda que con algúsn problemas que trataremos de ir resolvendo pouco a pouco.

FEBREIRO 2007 ÉXITO DOS ALUMNOS DE 2º DE BAC

Os alumnos de 2º BAC B do IES Terra de Trasancos, dirixidos polo profesor Manolo Rivera, acaban de obter o 1º premio de Galicia na modalidade Libro Web Colaborativo polo seu traballo Consumo Crítico-Comercio responsable. O premio consiste na participación do programa AUGAMAR, programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño que se leva a cabo no Albbergue Xuvenil "AS Sinas" (Vilanova de Arousa).
Pulsando nos enlaces seguintes podedes ver parte do traballos realizado polos alumnos de 2º de Bacharelato. Todos, excepto o último indicado, refírense á Economía Internacional.
- Páxina de Bárbara, Ramón, Melania e Victoria.
- Páxina de Raquel, Arancha e Vera.
- Páxina de Miguel, Tino e Alejandro.
- Informe de Francisco, Felipe e Fran.
- Páxina de Lidia, Cristina e Raquel
- Páxina de Bea, Elena, Lara e Laura. (Inmigración e pobreza en África)

30/01/2007 PROCESO DE RENOVACIÓN

Como vedes estamos en pleno proceso de renovación de WebTrasancos. A nosa intención e mellorar a usabilidade da páxina, dotándoa dunha maior axilidade.Esperamos que os cambios sexan do voso agrado.

Perdoade polas molestias, e tende en conta que estamos en obras polo que agradecemos vivamente a vosa colaboración comunicando erros que observedes e aportando suxerencias.

Gracias

FEBREIRO 2007 XA ESTAMOS "AMEIGADOS"

A nosa Biblioteca pasou a formar parte do Proxecto Meiga, polo que a partir de agora xa é posible consultar os fondos catalogados comodamente dende a nosa casa, e mesmo realizar reseva de libros para recibir en préstamo.

Para isto é preciso estar rexistrado como usuario. Os alumnos xa están todos rexistrados, e os profesores que o desexen poden facelo pasando pola Biblioteca.

Podes entrar na biblioteca virtual do instituto premendo aquí ou na imaxe da esquerda.