Skip to main content.

Arquivo Curso 2007-08

LAURA PORTO PREMIADA NUN CONCURSO DE RELATOS

 

A alumna do noso centro Laura Porto Castro, de 2º ESO B, quedou clasificada en 5º lugar na zona de Ferrol, no Concurso de Jóvenes Talentos, promovido por Coca Cola, na especialidade de Relato Corto.

O acto de entrega de premios celebrouse no Restaurtante El Bosque, de Cambre, o pasado venres día 23, onde acudiu acompañada polos seus pais, o seu profesor de lingua, Ignacio Moreno, e a Xefa de Estudios do centro, Visitación Abelenda.

ACTO DE DESPEDIDA DOS ALUMNOS DE

O pasado venres día 23, ás 7 da tarde, celebrouse o acto de despedida dos alumnos de 2º de BAC e ciclos. Tódolos rapaces estaban moi  nerviosos , chegaron puntuais e lucían ás súas mellores galas para a ocasión.

Comezou o acto e despois dos discursos dos alumnos e do director amosouse o vídeo. Foi aquí cando chegou a emoción dos rapaces e tamén dos pais e dalgún profesor. Era o momento no que se deron conta que remataba unha etapa da súa vida e comezaban outra nova. Entre risas  e  choros vimos o vídeo e ao rematar os aplausos contidos  fluiron sen cesar.

Despois viñeron os agasallos. Un a un foron subindo ao escenario, entres os aplausos dos compañeiros, e foron felicitados polos seus titores e polo director. Unha hora de acto foi suficiente para que a euforia contaxiase a pais e profesores e entre risas e lembranzas degustaron, a continuación, uns pinchos no vestíbulo do Instituto.

Ás dez un pequeno grupo de profesores acompañaron aos alumnos  a unha cea na “Bodeguilla” en Narón e despois dalgunha aposta  desproporcionada por parte dalgún e dalgunha tivemos  festa rachada por diversos  pubs  de Narón. Os profesores  non se quedaron atrás e algúns retiráronse ás tres da mañá;os rapaces continuaron, algúns chegaron moito máis tarde pero  todos coincidiron en sinalar que foi un día e unha festa  inolvidable .

Podedes ver e baixar as fotos do evento no album de fotos.

INFORMACIÓN PARA OS ALUMNOS DE 2º DE BAC

Estamos completando a reforma do sitio do Departamento de Orientación. De momento algunhas cousas non funcionan, porque o cambio de formato leva o seu tempo...
No obstante xa podedes utilizar algunhas cousas, como por exemplo o buscador universitario, que pensamos que pode resultarvos de interese.

Para os que vaian ir á Selectividade resultarlles interesante visitar a páxina da CIUG. Tamén pode resultar de utilidade baixar esta presentación en Power Point referida ás PAAU e ó proceso de acceso á Universidade.

QUEBRACABEZAS: TERCEIRA ENTREGA.

Despois do segundo quebra, Paloma Bescos ocupa o primeiro posto da clasificación con 8 puntos. Barbara Curbeira está en segundo lugar con 6 e Pablo Jesús López ocupa a terceira posición con 5 puntos.

Xa podedes consultar as solucións da semana pasada, as clasificacións e as vosas respostas. Si observades algún error pásade polo departamento de Orientación.

QUEBRACABEZAS: AMPLIACIÓN DE PRAZO (...e pista de propina)

Dado que esta semana foi moi curta, ampliamos o prazo para a entrega de respostas do Quebracabezas ata o venres día 8.

E de paso damos unha pista para o conto das sardiñas, que vemos que está costando moito traballiño...Pero vos ben sabedes que as sardiñas pódense vender por pezas ou por ducias, e que o precio da ducia non ten necesariamente que gardar proporcionalidade co precio de cada peza... ¡Menuda pistaza!

BIBLIOTRASANCOS: OS LIBROS MÁIS LIDOS

   Polo que vimos nas vosas pegadas, estes que figurana continuación son os libros mais lidos. Para os que aínda non os lestes, recordade que están agardando por vós na Biblioteca, gracias a todos por participar nesta actividade.

QUEBRACABEZAS: SEGUNDA ENTREGA

Xa está á vosa disposición o quebracabezas desta semana que tamén estará mañán antes do primeiro recreo colocado no taboleiro do centro.
Mañán estarán colocadas as solucións do quebra nº 1 e as clasificacións.
En semanas sucesivas poderedes seguir o concurso dende o menú da esqueda da páxina.

QUEBRACABEZAS: PRIMEIRA ENTREGA.

A partir de hoxe e durante 6 semanas teredes un quebracabezas cada semana.

Pulsade aquí para ver o desta semana.

Tamén o teredes no taboleiro da entrada do centro cada lunes antes do primeiro recreo.
En sucesivas semanas, poderedes seguir o concurso dende o menú da esquerda da páxina.
Para responder, teredes dúas posibilidades:

EMPEZA O QUEBRACABEZAS

...pero non e tódalas categorías.
Somente temos participantes, nada menos que 40, na categoría de 1º, 2º e 3º da ESO. Esto vainos permitir aumentar a 3 os premios. Así que haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio.
Estade atentos. Mañá publicaranse a primeira entrega.
Recordade: tendes que enviar a resposta utilizando o formulario que figura no menú da esquerda.
Se tendes dúbidas pasade polo departamento de orientación.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Xa se publicaron as listaxes de admitidos e excluidos para os cursos de inmersión lingüística no estranxeiro para o verán do 2008. Podedes consultalas dende aquí.
- Listaxe de admitidos de 1º da ESO
- Listaxe de admitidos de 2º, 3º e 4º da ESO.
- Listaxe de admitidos de Bacharelato.
- Listaxe de alumnos descartados.
- Listaxe de alumnos dos que non consta o DNI e/ou o centro

FOTOS DA SEMANA VERDE

Xa podedes ver no album de fotos as primeiras fotos, e uns pequenos vídeos, da Semana Verde.

XIV SEMANA VERDE

Dende onte día 31 de marzo ata o vindeiro venres día 4 estanse a celebrar no centro as actividades da XIV Semana Verde.
Como cada ano por estas datas levaranse a cabo unha serie de actividades encamiñadas a concienciar ó alumnado acerca da importancia do cuidado do medio ambiente.
Haberá concursos (de carteis e maquetas, de presentacións informáticas, de poesía e relato breve), obradoiros, charlas, saídas, traballos de coidado do entorno, etc.
Dende aquí podedes baixar o programa completo en formato doc ou pdf.
Iremos completando a información e subindo fotos das diferentes actividades conforme se vaian desenvolvendo.

QUEBRACABEZAS 2008

Convócase o Quebracabezas 2008, para alumnos do CEIP A Gándara e do IES Terra de Trasancos.
A) Alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria.
B) Alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO
C) Alumnos de 4º da ESO, BAC e Ciclos Formativos.
Podedes baixar ou consultar as bases aquí, e ver como foron os concursos anteriores dende este enlace .
Para inscribirte pasa polo Departamento de Orientación ou utiliza este formulario.

I CONCURSO "IGNACIO LÓPEZ BUENO" DE PRESENTACIÓNS INFORMÁTICAS

Convócase o I Concurso "Ignacio López Bueno", de presentacións informáticas dirixido a alumnos da ESO. Bacharelato e Ciclos dos que estén matriculados no presente curso en centros de Narón ou Valdoviño.

Consistirá na presentación, en CD ou DVD, dunha presentación informática que se poderá enviar por correo ou presentarse na secretaría do centro antes do 1 de abril de 2008.

Podedes consultar ou baixar as bases completas aquí e baixar o cartel do concurso en tamaño folio (formato doc) pulsando sobre a imaxe.

FEBREIRO 2008 VIAXE A PRAGA

Un grupo de alumnos de 2º de BAC viaxou a Praga recentemente. No Album podedes ver as fotos correspondentes. E aquí tendes o relato do viaxe, por Graciela.

Despegamos da Coruña co grito de Lara  resoando nos nosos oídos, é normal, é a primeira vez que voan a maioría dos rapaces. Chegamos a Praga un día 5 de Febreiro e o primeiro que facemos é botar unha visual xeral da cidade: a ponte de Carlos á que queríamos ir tódolos días e o Reloxo  Astronómico que nos gusta tanto ver, a Torre da Pólvora (qué café Carlos!!!!!!!!) non vai tanto frío como agardabamos, o primeiro día xa nos gustan os edificios que imos vendo, o Moldava, os faroliños. Mañá subiremos á torre do reloxo, mañá.........., estamos esgotados e marchamos para o hotel, a mesma pregunta  que se repetirá tódolos días: Quén ten coroas en moedas??.
6 de Febreiro: Tardamos en chegar ao centro, o conto de sempre, o condutor do bus non nos da “ twenty one tickets”, a señora do metro tampouco e  despois de moitas vicisitudes por fin chegamos á Torre do Reloxo e subimos no seu  ascensor de cristal,qué vistas¡¡¡¡¡¡, a igrexa de Tyn, bonita, a ponte de Carlos outra vez, qué bonito pasear por ela e escoitar o son do río Moldava, vemos por primeira vez o Rudolfinum : Qué edificio tan bonito¡¡¡¡.Visitamos o Barrio Xudeu, as Sinagogas, na  Sinagoga Maisel faise un silencio sepulcral entre nós, alí están os debuxos dos nenos do campo de concentración de Terezin e os nomes de 80000 xudeus checos  que morreron alí, a verdade,  impresiona. Logo o Cemiterio Xudeu , as tumbas están colocadas unhas enriba doutras cunha desorde da que parece que vai saír Drácula dun momento a outro, impresionante¡¡¡ A sinagoga máis antiga de Europa , onde os nenos teñen que poñer o típico gorro xudeu e a Sinagoga española que é máis recente pero  moi bonita. Comemos nunha cervexería preciosa e probamos todo tipo de comida checa, eu aínda me acordo do puré que ten Daniel no seu prato, a comida é rara pero está boa, concluímos, excepto o puré claro. Pola tarde paseo , o Teatro do Estado, as pontes, o tranvía que collemos sen que, como non¡¡¡ o condutor  non nos queira cobrar, a pequena Venecia coas súas canles e casas pintorescas que recordan a esta cidade. Cruzamos a ponte e vemos a Igrexa de San Nicolás, alí Mozart tivo un funeral ao que asistiron 4000 persoas, Mozart amaba Praga e Praga a el.Vemos por segunda vez o Rudolfinum, e de novo nos  impresiona.
7 de Febreiro: Subimos ao tranvía equivocado pero cando nos damos conta baixamos enfronte dunha pastelería, estampida xeral, todos a comprar pasteliños. Visitamos o Castelo, facemos fotos co garda (que é o checo que curiosamente non se pode rir e sen embargo con nós o fai) a Catedral de San Wenceslao, o “calexón de ouro” onde Francisco Mouzo sálvame dun ladróns, a torre Daliborska, unha prisión onde o Cabaleiro Dalibor tocaba o violín e do que despois Smetana faría unha ópera, o museo dos xoguetes,as barbies de Raquel Lamas. Pola tarde visitamos as rúas de Praga, facemos compras, o reloxo outra vez, as marionetas de Don Giovanni non eran o que agardabamos e estamos moi cansos, é algo distinto, pensamos, imos cear ao sitio máis típico de Praga, trátannos mal e marchamos a comer unha salchicha  na rúa, qué ben o estamos pasando, os rapaces de Pontedeume encantadores, nacen novas amizades. Volta no metro, quén tén coroas en moedas?
8 de Febreiro: Collemos o bus, esta vez o condutor nin me mira á cara cando lle pido por quinta vez twenty one tickets, alí imos outra vez co medo a que nos pille un revisor, non podemos facer nada ante isto pensamos. Chegamos á ponte de Carlos , subimos á torre do mesmo nome, a muller fainos rebaixa pero temos que sacar un por un tódolos carnets de estudante. Museo de Smetana , ao lado do río Moldava, é pequeno pero bonito, aínda que o trato que nos dan alí deixa moito que desexar, insúltannos , estes checos!!!!  Qué terán contra  nós? O museo de Kafka , coas súas esculturas que nos fan rir e a súa K xigante onde Daniel se colga para unha foto , que bonito museo cheo de imaxes e de sons por todas partes!!!!!!!!!!
Barrio de Mala Strana cos seus edificios  e embaixadas. Pola tarde o concerto, arreglámonos, todos guapísimos pero a medida que nos acercamos a este impoñente edificio a alma  cáenos aos pés, abrigos de visón!!, vestidos de gala!!, os homes con paxariña!!!, no vestíbulo champán¡¡¡ Isto é unha pasada, dicimos. O sitio onde estamos é inmellorable e aínda que ao principio levo un disgusto por culpa dunha checa, despóis disfrutamos do concerto, O CONCERTO!!!!!!! Os pelos  póñense de punta ao recordalo, nunca pero nunca escoitaramos un son como o que sae daqueles violíns, da frautista, dos chelos, primeiro Brahms, precioso, logo Dvorak , é incríble estar alí, o director é un xaponés cunha expresividade e sentimento incríbles, parece un soño e todo o teatro ponse en pé cando rematan, saímos de alí pensando na sorte que tivemos e sabendo que quizáis non repitamos esta experiencia nunca ,estamos eufóricos e falamos e falamos sen parar, hai que gastar o que restou do fondo e  dános para comer  unha salchicha nun posto, salchichas para todos e bebidas para compartir!!!!!!!!!! Ninguén protesta. Subimos ao bus, Carlos comenta: Por qué non cantamos? E así comezamos un concerto improvisado, dende "Mi carro" ata "Ondiñas veñen" pasando pola "Rianxeira" e rematando co "Himno galego" e por primeira vez, por primeira!!!!! o condutor do autobús déixanos enfronte do hotel, quedanos a dúbida se por non aguantarnos ou por agradecemento aos nosos cantos.
Día 9 de Febreiro: Ninguén é capaz de levantarse, só seis valentes nos diriximos á casa de Mozart en Praga, temos pouco tempo pero o museo é pequeno, chámanos a atención un mechón que se conserva do compositor, instrumentos da época, etc..Non temos tempo e marchamos correndo para o hotel, ímonos ao avión e despois dunha aterraxe forzosa en Munich chegamos a Madrid e de alí á nosa terra outra vez.
ADEUS PRAGA!!!!!!!!!!!!!  Foi unha viaxe inesquecible para todos e quero recordar dende aquí   aos excelentes rapaces de Breamo, sen eles a viaxe non sería o mesmo, a Martiño, Marco, Miguel, Ledicia , Ángela e Paloma e por suposto á súa profe Olga e a Carlos cos seus cafés, e a tódolos rapaces deste centro polo seu bo comportamento a pesar do caracter dos checos e incluso aos checos que sen eles tampouco nos ririamos tanto. Agardamos repetir esta experiencia moi pronto.

MARZO 2008 FOTOS DO ANTROIDO

Xa podedes ver no Album as fotos do Festival do Entroido celebrado o pasado venres día 1 de febreiro.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Durante a semana do 3 ó 7 de marzo, a Biblioteca do centra organiza unha actividade para conmemorar o día da muller traballadora, baixo o lema A muller que admiro.

A actividade está destinada ó 1º ciclo da ESO, e consiste na lectura de textos de creación persoal realizada polos propios alumnos.

Posteriormente haberá unha audición e posterior comentario de temas musicais de Amaral e Pedro Guerra relacionados co tema.

CONCURSO DE RELATOS CURTOS DA USC

A Universidade de Santiago de Compostela ven de convocar o 5º Concurso de Relatos Curtos, Como te imaxinas na USC?, para alumnos de 4º da ESO, Ciclos Formativos ou Bacharelatos.

Os traballos, que terán unha dimensión máxima de 3 folios, poden presentarse ata o 20 de abril. Os participantes entregarán o seu traballo no centro, que poderá seleccionar 3 como máximo para enviar á Universidade.

A universidade premiará con un ordenador persoal portátil ó traballo ganador.