Aquí procuraremos ir colocando semanalmente unha dirección que consideremos de interese.
08-04-2008: Fotografía da natureza
Así lle chama ó seu curruncho este rapaz aficionado á fotografía, Nilo Merino Recalde.
Recomendamos encarecidamente unha visita ó sitio.
20-02-2008: Para practicar a túa ortografía
A páxina que presentamos hoxe pode resultar interesante para facer prácticas de ortografía dun xeito ameno. Creada por Cristina Solís Díaz, permitirá a alumnos de tódolos niveis poñer a proba a súa competencia en ortografía.
Este recurso foi distinguido na convocatoria 2005 dos Premios a Materiais Educativos Curriculares.
30-01-2008: Wikilengua del español
Para esta semana propoñemos unha páxina de nova creación que pode ser de moita utilidade para os estudiosos da lingua española.
Trátase da Wikilengua del español, que os seus creadores define como un "sitio abierto y participativo sobre las dudas prácticas del castellano y un medio para reflejar la diversidad de una lengua hablada por cientos de millones de personas".
A páxina está organizada en torno a seis núcleos temáticos: Gramática, Ortografía, Nombres propios, Léxico, Diseño e Mundo de la Lengua.