Cualificación da fase xeral.
- Cada un dos 5 exercicios cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.
- Cualificación da fase xeral: media aritmética da cualificación dos 5 exercicios con tres cifras decimais, arredondeada á milésima máis próxima.
- Requírese como mínimo unha nota de 4 puntos paara poder despois facer a media ponderada coa nota do BAC.
Cualificación da fase específica
- Cada unha das materias das que se examine cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais.
- Considérase superada cada materia cunha nota igual ou superior a 5 puntos.