Información>> As novas PAU >> Superación da proba e nota de admisión
- A cualificación da proba de acceso á universidade expresarase en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondeada á milésima máis próxima e , en caso de equidistancia, á superior.
- Considérase superada a proba de acceso cando se obteña unha nota igual ou superior a 5 puntos como resultado da media ponderada do 60 % da nota media do Bacharelato (expresada con dous decimais) e o 40 % da cualificación da fase xeral (sempre que sexa como mínimo de 4 puntos).
- E dicir: Nota media do BAC x 0,6 + Cualificación da fase xeral x 0,4
- Utilizarase para adxudicar a admisión naquelas ensinanzas universitarias nas que haxa máis solicitudes que prazas.
- Exprésase con tres cifras decimais, arredondeada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
- Incorporará as cualificacións das materias superadas da fase específica sempre que as ditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se queira cursar.
- Cálculo da nota de admisión:
- NM: Nota media do BAC
- NFX: Nota da fase xeral
- M1,M2: materias superadas na fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación.
- a,b: parámetros de ponderación que serán 0,1 ou 0,2, e que se farán públicos ao inicio de curso.
0,6 x NMB + 0,4 x NFX + a x M1 + b x M2