O Quebracabezas 2008
Respostas aportadas por
José Ángel Galdo Martínez
1ºB
Semana
Quebra
Solución enviada
Puntos

1

Un xogo de 10 cartas numeradas do 1 ó 10 repártense entre 5 amigos.Gaña aquel que reciba a carta marcada co número 10.Repártense as cartas e resulta que:

  • A suma das 2 cartas de Manuel é 11.
  • A suma das 2 cartas de Alfredo é 7.
  • A suma das 2 cartas de Antonio é 17.
  • A suma das dúas cartas de Luis é 4.
  • A suma das dúas cartas de Felipe é 16.

¿Quen será o gañador do xogo?

É dicir, ¿quen terá a carta marcada co número 10?

Manuel






0

 Antón e Marica foron de visita á granxa do seu avó.

O avó amosoulles un curral con porcos e pitas.

Marica dixo ter contado vinteseis animais en total e Antón contou 72 patas.

¿Cantos porcos e cantas pitas tiña o avó na granxa?

ten 18 porcos e 36 pitas

0

2

Hoxe atopei unha tarxeta na rúa que tiña escrito o seguinte:

Entón púxenme a cavilar para tratar de corrixir o erro matemático que contén, pois a suma está mal resolta.

¿Saberías ti decirme cal é o cambio máis pequeno que é preciso facer para que a igualdade sexa correcta?

  0

Un home reparte certo número de sardiñas entre as súas tres fillas.

Dálle 20 a pequena, 30 a mediana e a maior 40.

As tres rapazas van o mercado e véndenas o mesmo prezo.

Despois de vendelas, as tres irmáns teñen os mesmos cartos.

¿Cómo é posible?

A irmán maior lle deu 10 a mais pequena 1

3

A filla máis nova de Anilda e de Francisco chámase María.

María ten un irmán chamado Xosé.

Xosé ten tantos irmáns (homes) coma irmás (mulleres).

María ten o dobre de irmáns (homes) que de irmás (mulleres).

¿Cantos fillos e cantas fillas teñen Anilda e Francisco en total?
Son en total 7 fillos: 4 homes e 3 mulleres. Así, Xosé ten 3 irmáns (homes) e 3 irmás (mulleres). Pero María ten 2 irmáns (mulleres) e o dobre de irmás (homes), os 4. 2

Antonio y Armando son dous irmáns xemelgos de aparencia totalmente idéntica.

Están tan unidos que visten igual e levan o mesmo corte de pelo.

Ningún leva gafas, e o único adorno facial é un piercing, que ambos levan na orella dereita. Os piercings son idénticos. Tampouco teñen ningunha cicatriz que os diferencie. Resumindo: a súa aparencia física é idéntica.

Un dia , de camiño par ao instituto, Noemí deuse conta de que uns pasos por diante dela camiñaba un dos dous xemelgos, pero claro, non sabía cal dos dous era.

Entón berroulle: ¡Hola!

O xemelgo dou a volta ó escoitar o saúdo, e Noemí soubo inmediatamente que era Armando.

¿Por qué?

N momento de volverse, o xemelgo saudou con unha man. E por iso Noemí soubo cal era, porque un dos dous era zurdo. 2

4

Indo para Vilavella

cruceime con sete vellas;

cada vella leva sete sacos,

e en cada saco sete ovellas.

¿Cantas vellas, sacos e ovellas

ían para Vilavella?

No lo sé 0

No dibuxo de abaixo

¿Cantas tazas habería que poñer en lugar do signo ? para que a balanza quedase en equilibrio

Unha soa taza 0