O Quebracabezas 2008 Respostas aportadas por Pablo Jesús López Méndez 2º A |
Semana |
Quebra |
Solución enviada |
Puntos |
1 |
Un xogo de 10 cartas numeradas do 1 ó 10 repártense entre 5 amigos.Gaña aquel que reciba a carta marcada co número 10.Repártense as cartas e resulta que:
¿Quen será o gañador do xogo? É dicir, ¿quen terá a carta marcada co número 10?
|
O gañador é Felipe. .Luís xa non pode ser. A suma das cartas de Alfredo é 7, e xa que a carta unha e a tres están en posesión de luís, 7, só se pode formar coa carta 5 e a carta 2. (5+2=7).Alfredo queda descartado. A suma das cartas de Manuel é 11, e xa que as cartas 1,2,3 e 5 están descartadas, só podemos formar 11 con 7 e 4. (7+4=11).Manuel xa non pode ser o gañador. A suma das cartas de Antonio é 17, e xa que as cartas 1,2,3,4,5 e 7 están en posesión doutros participantes, 17, só se pode formar con 8 e 9. (8+9=17)Antonio non foi o gañador. E Felipe, que as súas cartas suman 16 é o gañador porque as cartas 1,2,3,4,5,7,8 e 9 están en posesión doutros participantes, e só quedan a carta 6 e a carta 10 (a carta da victoria), e resulta que 6+10 son 16, que era a puntuación de Felipe. Por iso, Felipe é o gañador. |
2 |
Antón e Marica foron de visita á granxa do seu avó. O avó amosoulles un curral con porcos e pitas. Marica dixo ter contado vinteseis animais en total e Antón contou 72 patas. ¿Cantos porcos e cantas pitas tiña o avó na granxa?
|
Hai 10 porcos e 16 pitas. |
1 |
|
2 |
Hoxe atopei unha tarxeta na rúa que tiña escrito o seguinte:
Entón púxenme a cavilar para tratar de corrixir o erro matemático que contén, pois a suma está mal resolta. ¿Saberías ti decirme cal é o cambio máis pequeno que é preciso facer para que a igualdade sexa correcta? |
O cambio máis pequeno que é preciso facer é darlle a volta (co de debaixo cára a arriba) a tarxeta. É dicir, a tarxeta pon que 86 + 81 = 911, se lle damos a volta, quedaría que 116 = 18 + 98. |
2 |
Un home reparte certo número de sardiñas entre as súas tres fillas. Dálle 20 a pequena, 30 a mediana e a maior 40. As tres rapazas van o mercado e véndenas o mesmo prezo. Despois de vendelas, as tres irmáns teñen os mesmos cartos. ¿Cómo é posible? |
É posible porque a pequena vendeu as súas 20 sardiñas ao mesmo prezo que a mediana(que vendeu 30).E a mediana, vendeunas ao mesmo prezo que a maior(que vendeu 40). Polo tanto, pódese dicir que as tres venderon os seus correspondentes lotes (20, 30 e 40) ao un mesmo prezo. | 0 | |
3 |
A filla máis nova de Anilda e de Francisco chámase María. María ten un irmán chamado Xosé. Xosé ten tantos irmáns (homes) coma irmás (mulleres). María ten o dobre de irmáns (homes) que de irmás (mulleres). ¿Cantos fillos e cantas fillas teñen Anilda e Francisco en total? |
Anilda e Francisco teñen en total 7 fillos. Teñen 4 fillos (contando a Xosé) e 3 fillas (contando a María). É así porque, Xosé di que ten tantos irmáns (homes) coma irmás (mulleres), e cúmprese, xa que quedan tres irmáns (homes) (porque Xosé está falando) e tres irmás (mulleres)(3=3). E, María, di que ten o dobre de irmáns (homes) que de mulleres, e tamén se cumpre, xa que, como María está falando, quedan dúas irmás (mulleres) e os catro irmáns (homes)porque Xosé non está falando,e tamén se conta. | 2 |
Antonio y Armando son dous irmáns xemelgos de aparencia totalmente idéntica. Están tan unidos que visten igual e levan o mesmo corte de pelo. Ningún leva gafas, e o único adorno facial é un piercing, que ambos levan na orella dereita. Os piercings son idénticos. Tampouco teñen ningunha cicatriz que os diferencie. Resumindo: a súa aparencia física é idéntica. Un dia , de camiño par ao instituto, Noemí deuse conta de que uns pasos por diante dela camiñaba un dos dous xemelgos, pero claro, non sabía cal dos dous era. Entón berroulle: ¡Hola! O xemelgo dou a volta ó escoitar o saúdo, e Noemí soubo inmediatamente que era Armando. ¿Por qué? |
Porque Antonio é xordo. Entón Noemí, ao ver que o xemelgo virábase cara ela ó escoita-lo saúdo soubo que era Armando, porque Armando non é xordo. | 2 | |
4 |
Indo para Vilavella cruceime con sete vellas; cada vella leva sete sacos, e en cada saco sete ovellas. ¿Cantas vellas, sacos e ovellas ían para Vilavella? |
0 vellas ,0 sacos e 0 ovellas ían cara Vilavella. Porque o único que ía para Vilavella era eu. As vellas, os sacos e as ovellas sólo se cruzaron conmigo, elas non ían cara Vilavella. | 2 |
No dibuxo de abaixo ¿Cantas tazas habería que poñer en lugar do signo ? para que a balanza quedase en equilibrio
|
A solución é: 1 taza hai que poñer no lugar do interrogante. Pero se consideramos que debaixo da taza hai un plato, ten outra solución,xa que, dándolle un valor numérico a cada obxecto obtemos que hay que poñer tres tazas, asi: 1ªBALANZA: XERRA:3 = BOTELLA:3 2ªBALANZA: XERRA:3 = TAZA: ? 3ªBALANZA: 3 PLATOS:6 = 2 BOTELLA:3 (X 2) =6 ENTÓN SE 3 PLATOS EQUIVALEN A 6 1 PLATO EQUIVALE A X 1.6:3=2 UN PLATO VALE DOUS ENTÓN, na segunda balanza, se unha xerra vale 3 e unha taza con 1 plato vale o mesmo , restamos 3 - 2 e nos da 1. A taza vale un, e para iguala-lo interrogante, dividimos 3 : 1, e nos da 3. ESA É A SOLUCIÓN, 3 TAZAS. (É A SOLUCIÓN CONTANDO O PRATO DE DEBAIXO DA TAZA). (SE NON O CONTAMOS, COMO XA DIXEN ANTES, O ? EQUIVALE A 1 TAZA) |
2 | |
5 |
Fíxate ben nesta secuencia de números: 0 5 4 2 9 8 6 7 3 1¿Poderías dicir porque están ordenados deste xeito? |
Están ordenados deste xeito porque estan en orde alfabética dos seus nomes, é dicir, a serie é: 0542986731 0=Cero 5=Cinco 4=Cuatro 2=Dos 9=Nove 8=Oito 6=Seis 7=Sete 3=Tres 1=Un | 2 |
Imaxínate que hai tres interruptores da luz na cociña da túa casa e que soamente un deles é o que encende a luz da bombilla que hai no sótano. ¿Como terás que facer para averiguar cal é o interrutor correcto baixando unha soa vez ó sótano? |
Hai que encender o 1º interruptor, esperamos uns cantos minutos e apagámolo. Seguidamente, encendemos o 2º interruptor e deixámolo encendido. Entón, é o momento para ir ó sótano. Se ao chegar, a bombilla está encendida, o 2º interruptor é o que a encendeu. Se polo contrario, está apagada, temos que tocarlle, se está quente, o 1º interruptor foi o que a encendeu, e se está fría o 3º interruptor é o que a encende. | 2 | |
6 |
Un mestre dille ós seus alumnos: Cinco por catro vinte máis un vintedous. ¿Como é posible? |
-É posible porque dí a verdade, é dicir: Cinco por catro vinte máis un vintedous: 5 x 4 , 20 + 1 = 22 21 + 1 = 22 22 = 22 En definitiva: 5 x 4,20 é 21, + 1 da de resultado 22. |
2 |
Dous amigos que facía moito tempo que non se vían, atópanse na rúa. E ti, ¿podesnos dicir as idades das tres fillas? |
-As idades das fillas son 2, 2 e 9. E calcúlase da suguinte maneira: Hai varias multiplicacións de 3 números que den 36 como producto: 1 x 1 x 36 (A súa suma é 38) 1 x 2 x 18 (A súa suma é 21) 1 x 3 x 12 (A súa suma é 16) 1 x 4 x 9 (A súa suma é 14) 1 x 6 x 6 (A súa suma é 13) 2 x 2 x 9 (A súa suma é 13) 2 x 3 x 6 (A súa suma é 11) 3 x 3 x 4 (A súa suma é 10) Como hai dúas combinacións de números que sumen 13, (1 x 6 x 6) e (2 x 2 x 9) pódese dicir que 13 é o número da casa de enfrente deles, é 13 porque se fose outro, o amigo tería que ter adiviñado a idade das fillas sen necesidade de ter outro dato. Como xa dixen antes, só poden ser 1 x 6 x 6 e 2 x 2 x 9, agora é cando fai falta o outro dato "a maior das tres toca o piano", se dí que a maior toca o piano, é que só hai unha primoxénita. Entón descartamos a combinación 1 x 6 x 6 porque nesta combinación hai dúas irmás maiores. Logo a solución é que as fillas teñen 2, 2 e 9 anos. |
2 |