O Quebracabezas 2008
Respostas aportadas por
Talía Rodríguez López
1º B
Semana
Quebra
Solución enviada
Puntos

1

Un xogo de 10 cartas numeradas do 1 ó 10 repártense entre 5 amigos.Gaña aquel que reciba a carta marcada co número 10.Repártense as cartas e resulta que:

  • A suma das 2 cartas de Manuel é 11.
  • A suma das 2 cartas de Alfredo é 7.
  • A suma das 2 cartas de Antonio é 17.
  • A suma das dúas cartas de Luis é 4.
  • A suma das dúas cartas de Felipe é 16.

¿Quen será o gañador do xogo?

É dicir, ¿quen terá a carta marcada co número 10?

 

Antonio
0

 Antón e Marica foron de visita á granxa do seu avó.

O avó amosoulles un curral con porcos e pitas.

Marica dixo ter contado vinteseis animais en total e Antón contou 72 patas.

¿Cantos porcos e cantas pitas tiña o avó na granxa?


12
0

2

Hoxe atopei unha tarxeta na rúa que tiña escrito o seguinte:

Entón púxenme a cavilar para tratar de corrixir o erro matemático que contén, pois a suma está mal resolta.

¿Saberías ti decirme cal é o cambio máis pequeno que é preciso facer para que a igualdade sexa correcta?

98+18=116. 2

Un home reparte certo número de sardiñas entre as súas tres fillas.

Dálle 20 a pequena, 30 a mediana e a maior 40.

As tres rapazas van o mercado e véndenas o mesmo prezo.

Despois de vendelas, as tres irmáns teñen os mesmos cartos.

¿Cómo é posible?

Que cada una sólo vendió 20 sardinas. 0

3

A filla máis nova de Anilda e de Francisco chámase María.

María ten un irmán chamado Xosé.

Xosé ten tantos irmáns (homes) coma irmás (mulleres).

María ten o dobre de irmáns (homes) que de irmás (mulleres).

¿Cantos fillos e cantas fillas teñen Anilda e Francisco en total?
Teñen 3 fillos 0

Antonio y Armando son dous irmáns xemelgos de aparencia totalmente idéntica.

Están tan unidos que visten igual e levan o mesmo corte de pelo.

Ningún leva gafas, e o único adorno facial é un piercing, que ambos levan na orella dereita. Os piercings son idénticos. Tampouco teñen ningunha cicatriz que os diferencie. Resumindo: a súa aparencia física é idéntica.

Un dia , de camiño par ao instituto, Noemí deuse conta de que uns pasos por diante dela camiñaba un dos dous xemelgos, pero claro, non sabía cal dos dous era.

Entón berroulle: ¡Hola!

O xemelgo dou a volta ó escoitar o saúdo, e Noemí soubo inmediatamente que era Armando.

¿Por qué?

Noemí so coñece a ese irman xemelgo e por iso deuse conta de quen era 0

4

Indo para Vilavella

cruceime con sete vellas;

cada vella leva sete sacos,

e en cada saco sete ovellas.

¿Cantas vellas, sacos e ovellas

ían para Vilavella?

Ningunha vella no ia para vilavella 2

No dibuxo de abaixo

¿Cantas tazas habería que poñer en lugar do signo ? para que a balanza quedase en equilibrio

Unha taza 0