2008
1
Solucións e respostas recibidas.

Un xogo de 10 cartas numeradas do 1 ó 10 repártense entre 5 amigos.

Gaña aquel que reciba a carta marcada co número 10.

Repártense as cartas e resulta que:

      • A suma das 2 cartas de Manuel é 11.
      • A suma das 2 cartas de Alfredo é 7.
      • A suma das 2 cartas de Antonio é 17.
      • A suma das dúas cartas de Luis é 4.
      • A suma das dúas cartas de Felipe é 16.

¿Quen será o gañador do xogo?

É dicir, ¿quen terá a carta marcada co número 10?

Solucións
Respostas recibidas

Resposta correcta: Felipe.

Razonamento:
Empezamos por Luis, que ten que ter as carta 3 e 1 por forza.

Seguimos con Alfredo. Non pode ter as cartas 3 e 4 porque a 3 tena Luis, nin tampouco a 1 e 6, porque tamén ten a 1 Luis. Así que por forza ten que ter as cartas 5 e 2.

Agora pensemos en Manuel. Non pode ter as cartas 1, 2, 3 nin 5. Quedan as cartas 4, 6, 7, 8, 9 e 10. Como as súas teñen que sumar 11, á forza terá as cartas 4 e 7.

Logo quedan as cartas 6, 8, 9 e 10 para Felipe e Antonio.

Antonio ten que sumar 17, polo que por forza terá as cartas 8 e 9

Logo o xogador que ten a carta 10 é Felipe.

  1. Paloma Bescos
  2. Jessica Morado:
  3. Silvia Meizoso
  4. Lucía Orjales
  5. Iria (de 3º A)
  6. Bárbara Curbeira
  7. Pablo J. López Méndez
  8. Antía Rodríguez Caldeiro
  9. José Luis Cendán
  10. Esther Lindín Castro
  11. Alberto Seoane Estévez
  12. Borja Roca López
  13. Manuel Porta Lorenzo
  14. José A. Galdo Martínez
  15. Raque Otero Carpente
  16. Marta Rodríguez Suárez
  17. Talía Rodríguez López
  • Pulsando nos nomes verás a resposta enviada por cada concursante.
  • Para máis información pulsa nos enlaces seguintes:
  • Quebra 2008: calendario, quebras propostos, solucións
  • Almacén: tódalas respostas enviadas ó longo do concurso por tódolos participantes.
  • Clasificación parcial.

 Antón e Marica foron de visita á granxa do seu avó.

O avó amosoulles un curral con porcos e pitas.

Marica dixo ter contado vinteseis animais en total e Antón contou 72 patas.

¿Cantos porcos e cantas pitas tiña o avó na granxa?  

Resposta correcta: 10 porcos e 16 pitas.

Razonamento:
Este resólvese por medio dunha simple ecuación. Por exemplo

x=número de porcos
(26-x)= número de pitas.
4x + 2(26-x) = 72

Despexando obtemos a solución.