O Quebracabezas é un concurso que organizan conxuntamente o Departamento de Orientación e o Departamento de Matemáticas.
Consiste en propoñer cada semana dous problemas ou acertixos relacionados coa lóxica ou as matemáticas. Cada problema puntuará de 0 a 2 puntos.
Os alumnos terán que enviar a solución dende estas páxinas ó longo de 12 semanas.
Existen premios mensuais para o mellor concursante do mes, e un premio final para o que máis puntos consiga ó longo de todo o concurso.
Pulsa no ano correspondente para consultar todo o relacionado co Quebracabezas dese curso.