Na parte superior esquerda aparecen estes símbolos:
O primeiro pola esquerda restaura os valores predeterminados.
O segundo indica a velocidade dos movementos dende L (moi lento) a I (moi rápido), pasando por N e R. Por defecto figura N.
O símbolo dos anteollos sirve para buscar partidas na base de datos aberta. Pulsándoo aparece a imaxen seguinte que nos axudará a encontrar partidas
O símbolo da lupa sirve para intercambiar a forma de anotación da partida que aparece á dereita. Poderá verse dunha das dúas formas : anotación alxebraica coas iniciais das pezas ou ben coa figura das pezas.
Por último as letras PGN fan referencia a un formato de partida que se verá nun pop-up ó pulsar sobre elas.
As flechas que aparecen na base do taboleiro sirven para avanzar ou retroceder xogadas, de unha en unha ou todas xuntas.
A letra A que aparece na parte superior dereito do tabuleiro sirve para aumentar ou diminuir o tamaño da anotación da partida.
Tamén poderemos desplazarnos a calquer momento da partida, pulsando co rato na notación da xogada correspondente que figura á dereita do taboleiro:
Na parte inferior do visor poderemos escoller a partida que queiramos reproducir facendo clic sobre ela neste cadriño